A primeira semana de copago farmacéutico en Galícia costoulle 1.500.000 euros aos galegos e galegas

A primeira semana de copago farmacéutico en Galícia costoulle 1.500.000 euros aos galegos e galegas

A primeira semana de copago farmacéutico en Galícia costoulle 1.500.000 euros aos galegos e galegas

O Secretario de Sanidade da CENG Miguel Ángel Fernández López asegurou que na aplicación do copago sanitario ocultase a intención de Feijóo de “acabar coa sanidade pública, universal e gratuíta basada nos impostos”.

Denuncian que os xubilados están pagando 8, 16 ou 60 euros por ser titulares da súa cartilla sanitaria, pero tamén por cada un dos beneficiarios da mesma, de tal xeito que poden multiplicar por 2, 3 ou 4 o importe a pagar

Fernández pediu a Consellería de Sanidade que clarifique os convenios que se están a producir por parte do Sergas con residencias de 3ª idade privadas

O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, fixo unha valoración negativa da primeira semana de aplicación do R.D. 16/2012 do copago farmacéutico por parte do goberno galego aos cidadáns. “É unha verdadeira inxustiza que os galegos tiveran que aportar 1.500.000 euros dos seus bolsillos para este copago nesta situación de crise económica”, explicou.

Para realizar este cálculo, Miguel Fernández tivo en conta o número de receitas administradas durante o pasado mes de xullo en Galicia (5.400.000, que foron 1.220.000 por semana) e o gasto medio por receita (13 euros). O gasto resultante, tras aplicarlle o novo copago, é de 1.500.000 euros nesta primeira semana de aplicación do copago.

O Secretario de Sanidade especificou que esta medida aplicase a todos os cidadáns pero os xubilados son os máis prexudicados, xa que en Galicia “temos as pensións máis baixas de toda España e teñen que pagar un 10%”. “As medidas do Partido Popular aplícanse contra os máis débiles”, afirmou.

Os socialistas aseguran que na aplicación do copago sanitario ocultase a intención de Feijóo de “acabar coa sanidade pública, universal e gratuíta basada nos impostos”. Miguel Ángel Fernández explicou que esta medida demostra a “incapacidade, ineficacia, falta de diálogo e incomprensión do goberno galego” despois da solicitude do retraso dunha semana para comezar a aplicar o Real Decreto 16/2012.

O representante socialista aclarou que catro días antes da entrada en vigor do Real Decreto todos os sistemas informáticos das farmacias galegas estaban preparados para implantar o pago mínimo de 30 euros por persoa, si ben Feijóo deu marcha atrás “despois de que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, instara no Parlamento a Feijóo a implantar o mínimo de 8 euros por usuario”

A pesar desta “media alegría”, os socialistas denuncian un dos principais problemas que surxen con esta medida. Despois de unha semana clarificouse que a aportación máxima de 8-18-60 euros non é por cartilla senón por cada titular e cada un dos beneficiarios (membros da unidade famliar sen ingresos), de forma que o importe total increméntase en función dos beneficiarios que cada xubilado teña na súa tarxeta.

Por outro lado, os socialistas resaltan o fallo producido durante a semana pasado co novo programa informático “onde moitos usuarios tiveron que
voltar a casa sen as súas menciñas”. “O 95% das receitas son electrónicas polo que o problema foi grave”, explicou. Dende o PSdeG-PSOE eloxian o traballo por parte dos farmacéuticos despois dos problemas desta primeira semana, “o seu esforzo, a pesar do cal, non se puideron evitar os problemas”.

Miguel Ángel Fernández solicitou en rolda de prensa a Consellería de Sanidade que clarifique o máis pronto posible “os convenios que se están a producir por parte do Sergas con residencias de 3ª idade privadas” e como afectará iso “o suministro de fármacos por parte do Sergas que non leva explícito ningún cargo por parte dos usuarios, o que os diferenza do resto de xubilados que teñen que pagar un mínimo de 8 euros”.

Por último, os socialistas explican que a etiquetaxe que se utiliza para este copago farmacéutico “son datos da declaración da renta de 2011, e dicir, datos de 2010, que seguro que non teñen nada que ver coa situación das familias no ano 2012”. Fernández esixiulle a Feijóo que “sexa valente e adopte o a mesma decisión que fixo o Lehendakari Pachi López en Euskadi, e renuncie a aplicación do Real Decreto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar