A precariedade e os recortes de Feijóo fan imposible a I+D

A precariedade e os recortes de Feijóo fan imposible a I+D

A precariedade e os recortes de Feijóo fan imposible a I+D

O portavoz de Economía, Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que a estratexia de diminución salarial drástica, precarización do emprego e austeridade imposta por Feijóo resulta “imposible facer investigación”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao Goberno sobre a imparable fuga de cerebros en Galicia.

Losada sinalou que, de acordo cos últimos datos do paro rexistrado, os desempregados baixan en 20.000 persoas e os afiliados á Seguridade Social aumentan só en 17.000, co que “faltan 3.000 persoas”. Así o dixo lembrando o efecto migratorio das políticas laborais do goberno galego, que se están cebando tamén cos traballadores máis cualificados.

Os investigadores galegos, sinalou, padecen o recorte orzamentario nas partidas de I+D+i, que en lugar de aumentar víronse reducidas pasando de supor o 1,05 por cento do PIB en 2009 ao 0,87 por cento actual. Apuntou que en números globais supón un descenso de 150 millóns no orzamento para estas partidas, ao que compre sumar os 200 millóns que Feijóo deixou sen executar do orzamento previsto.

Puxo como exemplo palmario a situación dun dos investigadores acredores da bolsa Oportunius do goberno galego, que leva doce meses sen ter o seu contrato asinado, e preguntou “se a Xunta tarda un ano en contratar a un investigador de elite, está en condicións de garantir o retorno do talento galego que saíu non voluntariamente?”.

Abel Losada lembrou as informacións publicadas nas últimas semanas nas que o Círculo de Empresarios advirte que o I+D está a niveis de 2004, os docentes e reitores quéixanse da falla de promoción, os investigadores vense discriminados nos contratos da Xunta, o 35 por cento dos titulados están sobrecualificados e a fuga de cerebros medra un 17 por cento, e o Supremo sentenza a discrecionalidade e falla de control nas oposicións da Xunta.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar