A precariedade de medios fai perigar o dereito á tutela xudicial efectiva

A precariedade de medios fai perigar o dereito á tutela xudicial efectiva

A precariedade de medios fai perigar o dereito á tutela xudicial efectiva

A portavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, dixo hoxe que a precariedade de medios que padece a xustiza pon en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamar un período de transición ata a posta en marcha con garantías do sistema de notificacións telemáticas LexNet, que foi rexeitada polo PP malia recoñecer os problemas deste sistema.

A deputada socialista lamentou o “aparente descoñecemento” do goberno galego diante das eivas que está a rexistrar este sistema, e que vai contra os dereitos xudiciais da cidadanía. Sinalou que cando o sistema permanece inhabilitado durante varias horas, resulta imposible responder a unha demanda, presentar un recurso ou calquera tipo de xestión, unha situación que se repite “a diario”.

Dixo que “todas as persoas teñen dereito á tutela efectiva dos seus dereitos ante os tribunais” para o que é “imprescindible a modernización da administración de Xustiza, campo esencial para consolidar o Estado de Dereito e mellorar a calidade da nosa democracia”.

Por ese motivo solicitaba un período de transición no que sexa posible simultanear a presentación telemática e en papel ata garantir o correcto funcionamento do LexNet, e constituír comisións de Seguemento en Galicia, “para evitar que se poidan poñer en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica”. A deputada socialista rexeitou as emendas á iniciativa presentadas polo PP e o Grupo Mixto.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar