"A política pesqueira debe garantir a sostibilidade tamén no ámbito socieconómico"

"A política pesqueira debe garantir a sostibilidade tamén no ámbito socieconómico"

"A política pesqueira debe garantir a sostibilidade tamén no ámbito socieconómico"

Destaca o apoio á pesca e a acuicultura a pequena escala como un dos puntos claves da reforma.

Durante o debate celebrado en sesión plenaria en Estrasburgo sobre a reforma de política pesqueira común, Sánchez Presedo cualificou a reforma de "responsable, sostible e competitiva," destacando que responde a un enfoque ecosistémico e integrador da pesca na política mariñar. A este respecto, explicou que coas súas propostas, os socialistas engaden "unha nova dimensión de socioeconómica que se suma á do reforzo dos aspectos medioambientalistas, presentes na proposta inicial".

Non obstante, o eurodeputado lamentou que se manteña o principio de estabilidade relativa e se deixe á marxe das regras de mercado interior á frota de altura. "Tería desexado unha reforma para unha auténtica política pesqueira europea que elimine o principio de estabilidade relativa e que achegue flexibilidade, suprimindo as restricións ao exercicio das liberdades fundamentais e ao funcionamento do mercado interior," sinalou. Por iso, reclamou un maior compromiso, sinalando que "aínda hai marxe de manobra" "para mellorar a reforma", en referencia aos problemas de rendemento máximo sostible e aos descartes.

O eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo referiuse á dimensión da pesca e a acuicultura a pequena escala como un dos puntos claves da reforma.

Así mesmo, de cara ao voto que se celebrará mañá, ten reclamando o apoio do resto dos grupos políticos á proposta socialista para evitar que "o establecemento das áreas de reserva non se realice de forma unilateral e proteccionista, senón con garantías comunitarias e en beneficio do medio mariño".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar