A política industrial fracasada de Feijóo provoca que Galicia sexa a que mais industria perde do Estado

A política industrial fracasada de Feijóo provoca que Galicia sexa a que mais industria perde do Estado

A política industrial fracasada de Feijóo provoca que Galicia sexa a que mais industria perde do Estado

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que a política industrial fracasada de Feijóo ten situado a Galicia á cabeza na caída do Índice de Produción Industrial de todo o Estado. Así o dixo no debate dunha interpelación ao goberno no que advertiu que a estratexia do PP de austeridade, redución do investimento e estrangulamento do crédito anticipan “a terceira recesión consecutiva”.

O responsable socialista apuntou que o goberno galego “defende unha opción política e ideolóxica fracasada en termos de política económica mentres non se preocupen de incrementar a demanda”. Sinalou que a recuperación económica continuará sendo “un espellismo” mentres se centren no sector servizos, esquecendo á industria, o que garantiría un emprego “mais estable e de mais calidade”.

Criticou así que a Xunta presuma de que a última EPA apunte a recuperación de 1.800 postos de traballo recuperados no sector “esquecendo os 50.000 que foron perdidos previamente”. Explicou que a taxa de desemprego diminuíu “pero tamén o fixo a poboación activa” e alertou de que a axenda para a reindustrialización do PP céntrase “na reforma laboral e na redución de custes dos traballadores”.

Acusou ao goberno galego de ter reducido o investimento público “en mais da metade” mentres manteñen ao Instituto Galego de Promoción Económica “xibarizado” ao tempo que reducen a capacidade adquisitiva dos traballadores e consumidores. O resultado son uns resultados “demoledores en termos de calidade e cantidade” cunha caída drástica do investimento privado como consecuencia da caída do crédito.

Dixo que a Xunta “céntrase exclusivamente na publicidade e propaganda” ao anunciar “un plan para reinventar a automoción, o téxtil, o naval e a pedra”. Reclamou que “mellor non inventen nada” e que se centren en “impulsar a demanda, a innovación e o financiamento” como base da recuperación do sector industrial galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar