A política industrial de Feijóo fixo perder a Galicia 20.000 empregos

A política industrial de Feijóo fixo perder a Galicia 20.000 empregos

A política industrial de Feijóo fixo perder a Galicia 20.000 empregos

O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Luís Méndez Romeu interveu na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a empresa GAMESA. Alí denunciou que as políticas industriais de Núñez Feijoo fixeron perder á nosa comunidade 20.000 empregos.

O parlamentario socialista explicou que a empresa GAMESA é a primeira empresa industrial nacional na fabricación de elementos para os parques eólicos, que contou hai catro anos con 600 traballadores fixos, e 120 temporais. Sinala que actualmente están reducidos a 254 traballadores. Lembra que leva 14 anos instalada en Galicia.

O deputado denuncia que a paralización do concurso eólico na nosa Comunidade “trouxo como consecuencia a parálise na construcción de novos parques eólicos”, e advirte que esta decisión repercute tamén “en numerosas empresas auxiliares”.

Méndez Romeu afirma que en Galicia “hai 4 anos perdidos para as empresas empresariais especializadas neste campo”. Asegura que hai perto de 1000 traballadores galegos esperando pola posta en marcha do concurso eólico.

Ademais replica que a empresa GAMESA, que é o principal fabricante de compoñentes en Galicia quedou excluído do concurso eólico, fronte a plans industriais teóricos, vencellados ao sector publico e outros non relacionados coa industria da enerxía. Dixo que esta empresa recorreu esta decisión.

96 megavatios pendentes

O portavoz de Industria subliña que esta mesma empresa tiña adxudicados na pasada lexislatura 96 megavatios que tamén están paralizados “sen coñecer as razóns desta paralización a día de hoxe”, insistiu.

Coas cifras na man Méndez Romeu asevera que o Índice de Producción Industriais de Galicia amosan unha caída de 10 puntos nun ano, e no que refire ao Emprego Industrial as cifras sinalan que dende a chegada de Feijoo baixou un 14%, o que supón unha perda de mais de 20.000 empregos en pouco mais de 2 anos de Goberno.

Dixo que a folla de ruta de Feijoo “non marca ningunha estratexia sobre a política industrial de Galicia”. Asegura ademais que non existe “sensibilidade no Goberno de Feijoo sobre o que significa a perdida de producción industrial”, e resumiu “Feijoo non ten alternativas”. E concluíu o PP “esta deixando morrer o sector eólico sen ningunha alternativa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar