A política familiar da Xunta, "mera publicidade e propaganda"

A política familiar da Xunta, “mera publicidade e propaganda”

Carmen Gallego debate Estado AutonomíaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “publicidade e propaganda” a comparecencia do goberno para presentar as liñas xerais de política familiar. A responsable socialista limitou a “bonos sociais preelectorais” as medidas anunciadas polo goberno, que consisten en “axudas puntuais e ningún dereito consolidado”.

Gallego criticou que o goberno galego anuncie un suposto incremento no orzamento da Dirección Xeral de Familia que, preguntou, “de qué serve cando levan 4.000 millóns de euros detraídos da política social dende que goberna Feijóo”. Sinalou que a drástica redución das políticas sociais teñen provocado “máis paro, máis precariedade e máis pobreza e exclusión social”.

Esixiulle ao goberno galego que cambie as axudas preelectorais por “dereito consolidados”, que son “a única maneira de permitir o acceso aos dereitos para quen máis o necesita estea quen estea no goberno”. Sen embargo, as política de Feijóo incrementaron drasticamente o número de familias en risco de exclusión, Galicia ten 64.000 habitantes menos e 76.000 persoas activas menos.

Inservible

Sinalou que as políticas sociais e de apoio á familia “teñen que ser transversais”, polo que considerou “inservible” o incremento do orzamento da Dirección Xeral “se no conxunto non apostan por facer política social”. Así, logo de sete anos de Feijóo a fenda salarial entre homes e mulleres incrementouse e a Renda de Inclusión “aumentou porque aumentaron as persoas en exclusión”.

Ao mesmo tempo Galicia ten menos gasto por habitante para os servizos de Dependencia, a maior lista de espera do Estado e máis copagos, mentres “ninguén sabe qué está a pasar coa Axencia Galega de Servizos Sociais” logo da suposta desaparición do Consorcio o pasado 1 de xaneiro, duplican o prezo das escolas infantís, suprimen a gratuidade de libros de texto, fracasan na política de vivenda pública ou aumentan o copago das medicinas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar