A política de solo industrial da Xunta, "excesivamente inmobiliaria"

A política de solo industrial da Xunta, "excesivamente inmobiliaria"

A política de solo industrial da Xunta, "excesivamente inmobiliaria"

Plisan Salvaterra hO portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, criticou hoxe a “errática e descoordinada” política de solo industrial da Xunta. Na comparecencia da conselleira de Territorio no Pleno do Parlamento, censurou unha política “exclusivamente inmobiliaria” da Xunta, que prioriza a “liquidación” do solo industrial “para facer caixa en lugar de para crear emprego”.

O responsable socialista lamentou os “continuos vaivéns e falla de criterio” do goberno galego nunha política de solo industrial que se ten demostrado “nunca coordinada coa Consellería de Economía e Industria”. Advertiu que a Xunta impón unha visión “exclusivamente inmobiliaria” mais propia de “un plan inmobiliario de malos empresarios” que de un goberno preocupado de impulsar a empresas e emprego”.

Sánchez Bugallo criticou un plan de venda de solo industrial “nin homoxéneo nin equilibrado”, que “liquida as existencias empezando polas que teñen peor venda para facer caixa”. Os prezos basculan entre os 12 e os 130 euros por metro cadrado “sen avaliar os efectos que poden provocar”.

Censurou así que o goberno galego anuncie que, no novo concurso de venda de solo industrial, sacará 460.000 metros cadrados, dos que 100.000 estarían nas provincias de A Coruña e Pontevedra e o resto en Ourense e Lugo. Deste xeito, “onde vive o 80 por cento da poboación e se concentra a maior demanda, disporá do 20 da oferta, e onde vive o 20 por cento poboación o 80 por cento”.

Sinalou que o goberno galego, logo de 35 anos, non teña creado un só metro cadrado de solo industrial en Vigo e A Coruña, as cidades mais poboadas de Galicia nin tampouco en Ferrol, a cidade mais afectada pola crise.

Chamou á Consellería a preparar un Plan Integral conxuntamente co departamento de Economía e Industria, orientado a “poñer en valor ese enorme investimento e capital de 500 millóns de euros en suelo industrial, propiedade do conxunto dos galegos e galegas, en lugar de malvendelo” para crear emprego e favorecer a competitividade das empresas galegas.

Plisan

Sánchez Bugallo puxo como “paradigma da incapacidade da Xunta” o caso da Plisan Salvaterra – As Neves, que acordouse no ano 2000, o Consello aprobou o Plan Sectorial o 15 maio de 2002 e hoxe, 13 anos despois e 127 M€ investidos, “temos o monte devastado, unha lagoa artificial creada polo seu abandono e desidia e ningún metro cadrado de solo industrial”.

Sinalou que, no mellor dos escenarios, “si todo vai ben, logo de outros 30 millóns de euros adicionais investidos pola Xunta e o Ministerio de Fomento, en 2017 poderemos ter dispoñible unha quinta parte do polígono”. Felicitou ironicamente ao PP e á conselleira porque “queren poñer á venda as parcelas en 2015 cando segundo o seu propio plan ata 2017 non terán nin auga nin saneamento nin luz nin accesos.

O responsable socialista criticou que tanto o goberno como o PP cifren como o “gran éxito” a venda das 111 parcelas, sen que a día de hoxe estea instalada ningunha empresa nas mesmas nin se creará polo tanto ningún posto de traballo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar