A política de prevención de incendios do goberno galego: "Ogallá Que Chova"

A política de prevención de incendios do goberno galego: "Ogallá Que Chova"

A política de prevención de incendios do goberno galego: “Ogallá Que Chova”

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou que o goberno galego reduza a política de prevención de incendios nun “ogallá que chova”. O parlamentario socialista presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que criticou a falla dunha política eficaz que ten levado a Galicia a ser o territorio co maior número de lumes e de hectáreas queimadas cada ano.

García denunciou que toda a política de prevención de lumes do goberno galego se limite a fiar a campaña de incendios das condicións climáticas, ao obviar calquera actuación que non sexa “sobre o papel, nin planificada nin estruturada” para acceder a fondos europeos mentres carecen absolutamente de política forestal, de ordenación do territorio e de política de prevención.

Sinalou que o goberno galego leva sete anos “na dirección contraria” ao defender a “privatización, desmantelamento e dispersión dos servizos públicos” construíndo un dispositivo “menos profesional, menos operativo, menos eficaz e máis caro”.

Acusou ao goberno galego de non facer “nada” para mellorar a situación e aplicar medidas para “evitar que volva arder o Pindo ou as Fragas do Eume” agás desbrozar as mesmas pistas forestais e confiar en que “se chove arderá menos”.

Barbaridade

O deputado socialista considera “unha barbaridade” que o goberno galego anuncie novos investimentos logo de ter destinado 100 millóns de euros anuais como contía fixa “independentemente de que chova ou non” durante 30 anos sen que Galicia teña avanzado no control dos lumes.

Advertiu o “desgoberno” provocado por un “paquete tan grande, tanto diñeiro que ten xerado uns intereses políticos e económicos que fan imposible cambiar o modelo” mentres as responsables da consellería se dedican a “vender a moto” un ano tras outro e facendo Pladigas “de corta e pega”, calcados aos anos anteriores.

Puxo como exemplo o lume que o ano pasado arrasou 1.500 hectáreas en Cualedro nunha zona pola que “non pasara ninguén en 15 anos”, ou a situación dunhas brigadas de prevención que non puideron traballar en todo o inverno por carecer de material e das que a Consellería “non sabe o que están facendo”.

Pablo García critica que se poña en dúbida o traballo realizado polos profesionais, os que se leva degradando e que nin tan sequera se lle recoñece a súa categoría profesional, o problema é que non existe unha planificación dese traballo de prevención.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar