A política de Medio Rural está "en termos agrarios, a monte"

A política de Medio Rural está "en termos agrarios, a monte"

A política de Medio Rural está "en termos agrarios, a monte"

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiulle hoxe á nova conselleira do Medio Rural que “en termos agrarios isto está a monte”. Así o dixo na comparecencia de Ángeles Vázquez no Parlamento de Galicia, na que sinalou que “se isto estivera ben non sería vostede conselleira a un ano das eleccións”.

García aludiu así á situación das políticas relativas ao medio rural logo de ter sido fusionadas coa Consellería do Mar e xestionadas pola mesma conselleira dende a chegada de Feijóo ata a última crise de goberno. O parlamentario socialista concluíu que “que vostede non sexa conselleira tan só para dar mitins” de cara ás próximas eleccións xerais e autonómicas, en alusión ao escaso marxe de tempo ata o próximo cambio de goberno.

O parlamentario socialista instou á nova titular da Consellería a “priorizar” os problemas a xestionar no próximo ano e alertou que “só hai unha cousa na que ten marxe, que é na industrialización dos produtos e que as industrias normalicen as relacións contractuais cos produtores”. Reclamou coñecer as liñas concretas de actuación do goberno galego, xa que “non nos valen obviedades de que van traballar para que os gandeiros e agricultores obteñan un prezo mellor”.

García urxiu ademais á conselleira a acadar o liderado na xestión dos acordos de apoio ao sector do leite como autonomía líder en produción, e acadar unha posición “que lle está comendo Castela e León”. Resumiu que “vostede ten que decidir si quere liderar o proceso ou non, non pode agardar a que veña solucionalo ninguén de fora”.

Advertiu do escaso marxe para a axilización de concentracións parcelarias, a imposibilidade de “desfacer o desequilibrio dos investimentos no sector forestal”, ou no reparto duns fondos da PAC “xa negociados” e coa conselleira galega “defendendo unha postura en contra dos intereses galegos. Como mostra, lembrou que de 5.500 millóns de euros para 190 proxectos na UE, dos que a España lle corresponderon o 5,9 por cento, “Galicia acadou cero proxectos e cero euros”.

Advertiu dunha situación semellante no sector vitivinícola, con “cero contratos homologados –entre industria e produtores- en denominacións de orixe como a do Ribeiro”, mentres o goberno reparte “axudas públicas millonarias as mesmas adegas que despois non pagan os produtores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar