A política de chan industrial de Portugal racha coas regras da competencia

A política de chan industrial de Portugal racha coas regras da competencia

A política de chan industrial de Portugal racha coas regras da competencia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe ao presidente da Xunta a denunciar a Portugal diante da Comisión Europea por romper as regras da competencia “por axudas estatais non autorizadas” ao conceder solo industrial gratuíto. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, centrada en torno á fuga da industria auxiliar do automóbil ao país veciño.

Fernández Leiceaga advertiu que unha “análise urxente das evidencias” sinala que Portugal incumpre a normativa comunitaria ao ofrecer solo industrial a custe 0, o que supón uso de recursos públicos que dan unha vantaxe económica selectiva, con distorsión da competencia e o comercio, segundo o regulamento da UE que regula estas axudas.

O portavoz socialista demandoulle á Xunta que estea “máis preocupada e máis activa” logo de constatar que “por primeira vez a chegada da produción de novos modelos de vehículos a Galicia non atrae novos provedores”. De feito, explicou que Portugal acolleu ás últimas 20 novas empresas do sector e Galicia ningunha, e resumiu que “nos últimos 5 anos perdemos 2.000 empregos e os nosos veciños gañaron 6.000.

Replicoulle a Feijóo que a, coa excepción de VIZA e GKN, as empresas que rodean Vigo están abrindo novos proxectos ou reforzando os que xa teñen ao outro lado da raia, co que a industria auxiliar galega recibiu un investimento que é un terzo do de Portugal.

Lamentou que o goberno galego “asiste pasivamente á rápida deslocalización da industria auxiliar sen unha acción decidida que permitaequilibrar a apertura de novas empresas, a realización de investimentos e a creación de empregos”. Demandou a intervención da Xunta “en formación, en loxística, en emprendemento, pero sobre todo en materia de solo industrial competitivo”.

Propostas

Fernández Leiceaga instou ao presidente da Xunta a reforzar as vantaxes coas que conta Galicia impulsando a produtividade e a capacidade de innovación, así como a través dun programa de incentivos autorizados máis potente. Propuxo así un programa de formación e fomento do I+D+i empresarial, logo de que pecharan 2016 sen convocar as axudas ´ña formación para ocupados.

Ademais, urxiu á dispoñibilidade e custe do solo industrial que dependa da política pública para competir cun país veciño que dispón de 40 millóns de metros cadrados entre 0 e 50 euros, mentres en Pontevedra custan entre 120 e 350 euros o metro cadrado.

O portavoz socialista propuxo finalmente “dotarnos de ferramentas parlamentarias de análise e seguimento”, a través da creación dunha subcomisión, dentro da Comisión de Industria do Parlamento, que “analice a situación e o futuro da industria do automóbil e propoña en 6 meses as liñas de acción necesarias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar