A perda de audiencia da CRTVG "debulla a liña da súa desaparición"

A perda de audiencia da CRTVG "debulla a liña da súa desaparición"

A perda de audiencia da CRTVG "debulla a liña da súa desaparición"

crtvgO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, alertou hoxe que a perda de audiencia da TVG nos últimos anos provoca un aumento do custe por espectador que “debulla unha liña que remata coa desaparición da Compañía”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de control da CRTVG do Parlamento, na que censurou o desbotamento de posibles audiencias interesadas na oferta cultural.

Méndez Romeu criticou que a dirección do ente marxine a programación específica dedicada á cultura e á súa audiencia en favor dunha “oferta costumbrista que non se corresponde co perfil da cidadanía galega”. En opinión do responsable socialista, a TVG está a centrar a súa oferta nun espectador máis semellante ao electorado do partido político dominante renunciando a outras potenciais audiencias.

Advertiu que a cultura, as artes plásticas e escénicas, a ciencia e a tecnoloxía, hoxe obxecto de canais monográficos de recoñecido éxito de audiencia, son esquecidos da oferta da canle audiovisual pública de Galicia. Sinalou que na propia grella do ente para esta semana existe apenas un programa de cociña, un concurso de coñecementos culturais, un microespazo de un minuto diario sobre libros e música tan só na madrugada.

Preguntou polo límite entre o elevado custe da canle e a baixa de espectadores, que provocan unha canle “progresivamente máis cara, máis restritiva e con menos audiencia”, que ademais se vería satisfeita cunha programación dun custe relativamente baixo en comparación con outra oferta de ocio ou entretemento.

Lembrou que a oferta da programación da TVG hoxe “non se corresponde co perfil dos cidadáns” de Galicia, maioritariamente urbanos, co 70 por cento da poboación residindo en áreas urbanas ou conurbacións urbanas, e que demandan un ocio e un consumo netamente urbano. Apuntou que atender a esta audiencia permitiría tamén incrementar os ingresos publicitarios con novos anunciantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar