A paralización das medidas de prevención de lumes pola Xunta facilitaron a queima do Monte Pindo e da Ribeira Sacra

A paralización das medidas de prevención de lumes pola Xunta facilitaron a queima do Monte Pindo e da Ribeira Sacra

A paralización das medidas de prevención de lumes pola Xunta facilitaron a queima do Monte Pindo e da Ribeira Sacra

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, dixo que a paralización das medidas de prevención de incendios ata o mes de agosto supuxo “o mellor escenario para que este verán arderan o Monte Pindo ou 200 hectáreas da Ribeira Sacra”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente que tivo lugar hoxe no Parlamento.

 

A responsable socialista acusou ao goberno de Feijóo de ter retido ata o día 2 de agosto a autorización para xestionar as axudas á prevención, que inclúe as axudas para limpar os montes e evitar a propagación dos lumes. Lembrou que o propio presidente do goberno, así como a conselleira de Medio rural, se teñen negado ata o momento a explicar os motivos desta paralización.

 

Criticou que o PP “non sabe o que é a prevención”, como teñen demostrado tanto o presidente da Xunta como o ministro responsable, Arias Cañete, “que tivo onte a desfachatez de dicir no Congreso que o feito de que o 90 por cento dos bosques sexan de propiedade privada en Galicia dificulta a acción o Estado para a prevención”, ademais de “descoñecer o que significa a rexeneración das áreas de protección medioambiental”.

 

Dixo que a consecuencia desta “lamentable inoperancia” demostrada polo goberno do PP é que entre agosto e setembro teña ardido enteiro o Monte Pindo, xoia ecolóxica de Galicia, e se teñan producido 9 lumes na zona da Ribeira Sacra ourensá, afectando a zonas de especial interese natural e turístico.

 

A parlamentaria socialista asegura ter asistido “atónita” á cascada de declaracións do presidente da Xunta responsabilizando aos incendiarios e á climatoloxía. Sinala que “os socialistas estamos de acordo en que os responsables asuman as consecuencias, pero o presidente da Xunta faría mellor en buscar solucións desenvolvendo unha verdadeira política forestal e de prevención”.

 

Lamentable carencia

 

En opinión da parlamentaria socialista, Feijóo quere “agochar a súa lamentable carencia de solucións a través dunha busca desesperada de culpables, nos que non se salva nin a climatoloxía”. Puntualiza que “ao parecer, salvo o presidente da Xunta, calquera pode deducir que a mellor resposta aos lumes é ter unha política preventiva que limite os danos provocados polo lume”.

 

 

Vilán lembrou a memoria da Fiscalía Xeral do Estado, que este mesmo ano sinala que “o recorte dos orzamentos nas tarefas de prevención dos incendios forestais diminuíu a súa investigación e os medios de combate e extinción” e engade que “os incendios provocados neglixentemente polo home constitúen a maioría dos casos”.

 

Sinala que o presidente da Xunta, “na súa cruzada particular, ten apuntado que a inmensa maioría dos lumes son intencionados, sinalando que en Galicia hai moitos incendiarios”, chegando a desmentir un informe oficial como o citado.

 

Ademais, acusou ao presidente do goberno de mentir ao anunciar que se personará cando se deteña a un incendiario” para impoñerlle os gastos de extinción e dos bens danados.

 

Explica que o goberno galego non pode personarse nun proceso penal si o monte é privado, mentres que as medidas cautelares son tomadas polos xulgados, ademais de que “polo camiño está anunciando decisións que corresponden aos fiscais, suxerindo que estes non fan ben o seu traballo”.

 

Lamentou a estratexia do goberno de responsabilizar “a todo o mundo menos a quen ten as competencias e os medios, que son eles mesmos”. Así, lembrou as críticas do PP contra os cidadáns por ter “moi pouca sensibilización en materia de incendios e absolver aos pirómanos nos xurados populares”.

 

Criticou que o PP “nos queira facer parvos” ao “solucionalo todo modificando o Código Penal” en alusión ao anuncio de Arias Cañete de endurecer as penas “cando a pena principal é de 10 a 20 anos, mentres a de asasinato é de 15 a 20”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar