A oposición únese contra a decisión de Pilar Rojo de vetar convidados no pleno de debate dos Orzamentos

A oposición únese contra a decisión de Pilar Rojo de vetar convidados no pleno de debate dos Orzamentos

A oposición únese contra a decisión de Pilar Rojo de vetar convidados no pleno de debate dos Orzamentos

Os tres grupos denuncian o “secuestro” do Parlamento e afirman que buscarán “unha fórmula para que isto se visualice na Cámara”

Os tres grupos da oposición anunciaron “unha resposta forte e contundente” á decisión da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, de prohibir a asistencia de convidados ao pleno de debate de Orzamentos de mañá. “Os tres grupos actuaremos en consecuencia e defenderemos os cidadáns que sofren a dureza das políticas da dereita”, expuxeron, a través do portavoz do PSdeG, Abel Losada, “e buscaremos unha fórmula para que isto se visualice no debate de mañá”.

Segundo expresou Losada, os grupos da oposición entenden que “esta especie de estado de sitio parlamentario” introducido por Pilar Rojo o único que pretende é que non se visualicen na Cámara as “consecuencias dramáticas das políticas do Partido Popular na rúa”. Algo que vai en contra da participación dos cidadáns na vida política e do dereito a defender lexitimamente os seus intereses. A oposición esixe unha rectificación da presidenta do Parlamento, para o que ten tempo ata a Mesa que se celebrará mañá, antes do pleno de Orzamentos. “Rexeitamos calquera intento de antepor os intereses de partido, do Partido Popular en concreto, aos dos cidadáns”, concluíu Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar