"A Operación Campeón pasa claramente polo despacho do presidente da Xunta e está derrotando a Feijóo"

"A Operación Campeón pasa claramente polo despacho do presidente da Xunta e está derrotando a Feijóo"

"A Operación Campeón pasa claramente polo despacho do presidente da Xunta e está derrotando a Feijóo"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que “a Operación Campeón claramente pasa polo despacho do presidente da Xunta, e ese campión está derrotando a Núñez Feijóo”. Así o dixo logo de reclamar a comparecencia do presidente e dos catro conselleiros implicados na trama de axudas irregulares porque “Galicia necesita explicacións convincentes e rápidas”.

Losada acusou a Feijóo de “agochar” a súa entrevista co empresario imputado, logo da cal este recibiu 4 millóns de euros en axudas, tal e como revelou o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, na pasada sesión plenaria. Emprazouno a demostrar a transparencia de que presume reclamando formalmente as actas das reunións co empresario imputado, así como a relación das entrevistas do presidente con empresarios.

Os socialista galegos reclamaron a comparecencia, ademais do presidente da Xunta, dos conselleiros de Economía e Industria, Facenda, Sanidade e Infraestruturas para que dean conta da súa implicación no caso. Losada reclamou o inmediato abandono da “estratexia de engano, medias verdades e disimulo” para “diluír” o interese dos encontros de Feijóo e os conselleiros co empresario que recibiu as axudas millonarias.

Sinalou que a Xunta aplica unha estratexia de “escapismo e néboa” xa que mentres o presidente ofrece luz e taquígrafos “todo parece indicar que a luz está apagada e o taquígrafo de vacacións”. A realidade, dixo, é que “a trama esténdese como unha mancha de aceite” que xa “salpica a 6 membros do goberno galegos que están imputados”.

Resultados públicos

Os socialistas galegos queren que Feijóo explique “por qué non deu a coñecer a súa reunión con Dorribo cando saltou a Operación Campión” e si lle entregou o resultado destes contactos á xuíz competente no caso. Acusouno de desenvolver un “exercicio de escapismo parlamentario” ao rexeitar as solicitudes de comparecencia do conselleiro de Economía e Industria pola situación do Igape e non subministrar a información solicitada polo Grupo Socialista dende o mes de maio.

Dixo que a realidade da Operación Campión é que un deputado do PP, Pablo Cobián, actuou como intermediario entre os intereses de Dorribo e a Xunta, polo que ten pedido o suplicatorio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e hai 6 altos cargos imputados, deixando ao Igape “descabezado e a medio gas”.

Engadiu que é “radicalmente falso” que o subdirector do Igape, Carlos Silva, teña sido apartado e regresara ao seu posto base como funcionario, tal e como asegurara o conselleiro de Economía e Industria. Sinalou que a realidade é que “foi nomeado responsable da área Norte do Igape por libre designación e sen concurso de méritos”, un cargo que na área Sur exerce o secretario xeral do PP de Vigo, Miguel Fidalgo.

José Blanco

En resposta a preguntas dos xornalistas, o responsable socialista dixo que as acusacións publicadas hoxe contra o vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, son “un claro montaxe”. Dixo que “as primeiras acusacións demostráronse falsas e estas tamén se desmontarán” porque “non houbo caso na parte A e non haberá na parte B”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar