A nova Valedora do Pobo debe defender "a ultranza" o Estado Social e Democrático de Dereito

A nova Valedora do Pobo debe defender "a ultranza" o Estado Social e Democrático de Dereito

A nova Valedora do Pobo debe defender "a ultranza" o Estado Social e Democrático de Dereito

Patricia VilánA portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións, Patricia Vilán, esixiulle hoxe á futura Valedora do Pobo proposta polo PP, Milagros Otero, “independencia” á hora de desempeñar o seu traballo para a “defensa a ultranza do Estado Social e Democrático de Dereito”. A responsable socialista interveu na Comisión que designou a esta xurista como candidata a Alta Comisionada do Parlamento.

Vilán reclamoulle “que se afane na defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas de tódolos galegos e galegas” e, lembrando as palabras do seu antecesor interino, pediulle que recolla o testigo e parta de que “o principio de austeridade non é un principio constitucional”.

Sinalou que a institución “ten que facer un traballo imprescindible en materias como a vivenda, o medio ambiente, a educación, a sanidade, os dereitos da muller ou o dereito de acceso á información”.

Informes singulares

A responsable socialista instou á futura Valedora a iniciar informes singulares sobre diversas cuestións que “están a erosionar á nosa sociedade”, como as “carencias miserables” na aplicación da Lei de Dependencia en Galicia, ou os motivos reais do incremento no número de solicitudes de Risga e axudas de emerxencia social.

Instou ademais a analizar a diminución e dotación insuficiente do persoal sanitario, o apoio educativo a nenos e nenas con dificultades ou a lamentable situación dos edificios escolares públicos en Galicia. Tamén reclamou especial atención na vulneración do dereito fundamental de acceso á información dos membros das corporacións locais ou o caso concreto do peche do centro de menores de Montealegre, en Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar