A nova Lei de Patrimonio, un texto innecesario que empeora a protección do noso patrimonio

A nova Lei de Patrimonio, un texto innecesario que empeora a protección do noso patrimonio

A nova Lei de Patrimonio, un texto innecesario que empeora a protección do noso patrimonio

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, dixo hoxe que a Lei de Patrimonio da Xunta resulta “innecesaria” e ademais provoca “un retroceso na protección do noso patrimonio”. Así o dixo no debate do ditame da norma, que foi aprobado hoxe na Comisión de Cultura do Parlamento antes da votación final no Pleno da Cámara.

O responsable socialista advertiu que “o problema reside na falla de desenvolvemento normativo da Lei vixente”, unha norma “perfectamente válida e nada ademais do consenso”. Acusou ao goberno galego de utilizar a nova Lei como “pantalla” para agochar as eivas na súa política de protección do Patrimonio, que perdeu 10 millóns de euros de orzamento en cada exercicio dende 2009, ata reducirse nun 42 por cento.

Reclamou que “se queren facer algo polo Patrimonio de Galicia, desenvolvan a lexislación actual e comecen a facer política de protección con máis medios e políticas activas” que palíen o estado de “abandono” que pon en perigo os recursos culturais galegos. Hoxe, dixo, ata o 30 por cento dos Bens de Interese Cultural de Galicia se atopan en perigo, e “o grave é que o goberno nin sequera quere ter información sobre o seu estado”.

Esta é unha mais das graves consecuencias ás que leva o desleixo en materia cultural do goberno de Feijóo, que reduciu o seu orzamento nun 56 por cento dende o ano 2009, co que a partida pasou de representar o 1,29 atan só o 0,6 por cento do orzamento total do goberno galego.

Desprotección

Emilio Vázquez engadiu que non podemos estar de acordo con este Proxecto de Lei porque cremos que ofrece maior desprotección que a Lei vixente, e que “abre serios interrogantes” na protección do patrimonio. Así o dixo logo de sinalar que a nova Lei determina que “a incorporación de determinados bens culturais ao censo non supón que teñan que ser conservados fisicamente”.

O deputado socialista considera que esta regulación constitúe “un paso desafortunado que abre o camiño cara á desprotección de determinados bens patrimoniais”. Puntualizoiu que “nunca, baixo ningunha excepcionalidade debe unha Lei de Patrimonio permitir a destrución do patrimonio, constitúe un termo absolutamente inadmisible co que non podemos concordar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar