A nova Lei de Patrimonio permite actuar sobre bens culturais sen autorización

A nova Lei de Patrimonio permite actuar sobre bens culturais sen autorización

A nova Lei de Patrimonio permite actuar sobre bens culturais sen autorización

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, advertiu que a nova Lei do Patrimonio, aprobada hoxe en solitario polo PP, permite actuacións sobre algúns bens culturais galegos “sen a necesidade de autorización administrativa previa”, abrindo a vía para a súa destrución. O responsable socialista considera “inadmisible” que unha norma que debera protexer o Patrimonio abra a porta á súa eliminación.

Sinalou que a norma supón “un paso nunha dirección absolutamente errónea e que abre unha inseguridade xurídica que non podemos compartir”. Explica que a norma resulta “innecesaria”, resulta “peor que a Lei actual” e “non arranxa o problema e a situación na que se atopa moito do noso patrimonio cultural”, “abre vías para a desprotección dos nosos bens” xerando inseguridade xurídica e “racha co consenso que si tiña a Lei actual”.

O responsable socialista advertiu que “o problema reside na falla de desenvolvemento normativo da Lei vixente”, unha norma “perfectamente válida e nada ademais do consenso”. Acusou ao goberno galego de utilizar a nova Lei como “pantalla” para agochar as eivas na súa política de protección do Patrimonio, que perdeu 10 millóns de euros de orzamento dende 2009.

Reclamou que “se queren facer algo polo Patrimonio de Galicia, desenvolvan a lexislación actual e comecen a facer política de protección con máis medios e políticas activas” que palíen o estado de “abandono” que pon en perigo os recursos culturais galegos. Hoxe, dixo, ata o 30 por cento dos Bens de Interese Cultural de Galicia se atopan en grave risco, e “o grave é que o goberno nin sequera quere ter información sobre o seu estado”.

Política cultural

Emilio Vázquez criticou a xestión da política cultural por parte do goberno galego, que reduciu o orzamento neste apartado nun 56 por cento dende o ano 2009, unha partida que pasou de supor o 1,29 por cento do orzamento total en 2009 ao 0,6 por cento actual, menos da metade.

Este desleixo afecta tamén á protección do patrimonio, onde “reduciron nun 46 por cento o orzamento dedicado a esta partida”, e “o pouco que invisten para a restauración dos bens culturais é dedicado á Igrexa Católica”, que grazas a esta norma consolida unha relación de privilexio co goberno galego inxusta co resto dos actores culturais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar