A nova Lei de Medios Públicos Audiovisuais de Galicia blinda o carácter público da CRTVG

A nova Lei de Medios Públicos Audiovisuais de Galicia blinda o carácter público da CRTVG

A nova Lei de Medios Públicos Audiovisuais de Galicia blinda o carácter público da CRTVG

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas, dixo hoxe que a Lei dos Medios Públicos Audiovisuais de Galicia “blinda o carácter público” da CRTVG. Así o dixo no debate do Proxecto de Lei, que foi aprobada hoxe co voto favorable dos socialistas galegos.

Lage Tuñas sinalou que esta Lei garante o carácter público do ente como “sociedade mercantil pública autonómica” diante da intención do PP que “defende nos seus programas electorais a privatización da televisión, e os socialistas defendemos o contrario, e plasmámolo nesta lei”. Dixo que, grazas a esta norma, o ente terá o seu capital “participado na súa totalidade pola Comunidade Autónoma de Galicia”.

Engadiu que o financiamento público deberá ser tamén garantido a través dun mandato marco para 9 anos que terá que aprobar o Parlamento por dous terzos. O responsable socialista apostou pola creación dun marco normativo que “abra unha nova etapa nos medios públicos galegos” e engadiu que deber rematar “a manipulación actual, a censura e as represalias aos profesionais”.

Lage Tuñas salientou que “a reforma da RTVG xurdiu a partir dunha proposta socialista presentada o pasado 23 de febreiro, coa que pretendemos levar á práctica aquilo do que tanto se fala e pouco se cumpre”. “A partir da nosa proposta púxose en marcha unha reforma sempre adiada e que era imprescindible para acabar cun modelo caduco, gobernamental e que está esgotado”.

Lamentou o rexeitamento do BNG á Lei, co que “unha vez mais o nacionalismo sitúase fora dos grandes acordos de país”.

O deputado socialista explicou que a Lei busca “dotar dun novo marco legal aos medios públicos, profesionalizar a xestión, dotar de independencia real aos xestores ao decidir elixilos por maioría cualificadas de 2/3 e 3/5, e mellorar os mecanismos de control interno coa creación dun consello de redacción composto polos profesionais da información. A lei tamén prevé a creación dunha Autoridade Audiovisual Independente de Galicia”.

Lage Tuñas dixo que “coa reforma que impulsamos os socialistas pretendemos sacar das mans do goberno o mando a distancia do control da CRTVG e poñelo en mans dos profesionais e de directivos independentes”

Explicou que a Lei “garante os valores de pluralismo, veracidade e accesibilidade co fin de contribuír á formación dunha opinión pública informada” e ademais “prevé a regulación da organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Director/a Xeral, maioría cualificada e independencia

O deputado do PSdeG apuntou que esta norma establece “por primeira vez” a elección do director xeral por maioría cualificada de dous terzos nunha primeira votación e tres quintos na segunda, “para que as regras de xogo non se modifiquen unilateralmente por mor das maiorías parlamentarias ou de quen goberne”. Garántese así, dixo, que o ente “non dependa do mando a distancia do presidente da Xunta, nin do goberno de turno”.

Lage Tuñas apuntou que o texto determina a profesionalización do Consello de Administración para “rematar coa presenza dos aparatos dos partidos” no seo do ente, reduce os órganos asesores e o número de membros do Consello de Administración, que pasa de 12 a 6 persoas. Ademais incorpora un réxime de incompatibilidades para evitar “situacións anómalas e conflitos de interese” e esixe dedicación exclusiva aos membros.

“Profesionalizamos o consello de administración da CRTVG con esta lei, reducimos o número de membros de 12 a 6 e prohibimos a presenza dos aparatos dos partidos políticos no órgano de dirección da nova Corporación RTVG. Xusto o que nos pediu fai dous anos o CPXG, e xusto aquilo ao que se negou o BNG nos traballos da ponencia” explica o deputado do PSdeG.

O responsable da Área Institucional criticou que o BNG teña criticado e rexeitado tamén a eliminación dos aparatos dos partidos dos órganos de dirección da CRTVG. “O BNG dille que si por diante ao CPXG pero despois oponse, queren manter o asento no Consello de Administración da CRTVG”.

Lingua

 

Lage Tuñas destacou que a lingua galega constitúe “unha das razóns de ser da existencia da CRTVG é o reforzamento da nosa identidade, a promoción da nosa cultura e a difusión e divulgación do noso idioma é grazas ao PSdeG-PSOE o galego seguirá sendo a única lingua de uso da RTVG, tal e como recolle o artigo 6 da lei. Así que leccións do nacionalismo en canto á defensa do noso idioma, ningunha”.

Puntualizou que “a defensa do galego non a brinda levar unha estreliña colgada” e sinalou que “os socialistas galegos sempre defendemos e defenderemos a lingua do noso país”. Lage Tuñas pensa que a RTVG debe seguir sendo un instrumento eficaz de vertebración da identidade de Galicia como pobo e da difusión e normalización da súa principal manifestación que é a lingua”.

Corporación Pública

 

Explicou que esta norma garante o carácter público da corporación, xa que “non hai un só texto que fale de privatización”, e preserva a función de servizo público dos servizos informativos, garantindo que non se cedan a terceiros e “simplifica as sociedades, pasando de tres a un ente único”.

A lei tamén garante que a maioría da programación sexa de produción propia. “A maioría é a metade máis un, creo que é fácil de entender. É comprensible que se poida pedir máis, pero para chegar a acordos hai que estar dispostos ao entendemento e nós conseguimos que figure na lei que a produción interna – propia sexa a maioría”.

Lage Tuñas explicou que os medios públicos “son viables, e boa proba disto está nesta Lei que ampara a existencia dunha nova corporación cen por cen pública”, e que ademais “adecúa a entidade ás circunstancias económicas actuais”.

Así, incorpora medidas de mellora da eficiencia na xestión mercantil reforzando a súa independencia sobre o executivo e incorporando a eficiencia económica como principio das súas actividades. Ao mesmo tempo incorpórase ao texto legal o posible cese do/a director ou directora xeral no caso de desviación orzamentaria ou mala xestión económica.

Sobre as acusacións do BNG de “privatizar a TVG” ou “politizar a TVG” o deputado socialista aclarou que “a lei é moi clara e nela falamos dunha Corporación RTVG cen por cen pública, o resto é faltar a verdade e intentar enganar á xente”.

Lage Tuñas rematou a súa intervención recordando que o texto aprobado hoxe “é un marco legal que viña demandando a sociedade galega dende fai moitos anos” e que, dixo, responde ás peticións que fixo no seu día o decano do Colexio Profesional dos Xornalistas de Galicia.

O deputado do PSdeG lembrou as súas declaracións do decano do Colexio Profesional dos Xornalistas de Galicia. cando dixo que o texto “cumprirá as expectativas si se pon en marcha” e instou á súa aplicación antes de esgotar o prazo máximo de 6 meses.

Subrogación a petición do Comité Interempresas

O deputado do PSdeG defendeu dende a tribuna do parlamento unha proposta de transacción, despois de pactala co PP, para a incorporación ao texto do dereito de subrogación recollido no artigo 44 do estatuto dos traballadores tal e como viña solicitando o Comité Interempresas da CRTVG.

Lage Tuñas explicou que “isto non daría máis dereitos, xa que é só unha reiteración dun dereito xa garantido no estatuto dos traballadores, pero aínda así conseguimos pactar co PP unha proposta de transacción, e a sorpresa é que o BNG non aceptou, e diso terán que responder os nacionalistas porque a nosa proposta púxose enriba da mesa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar