A non revalorización co IPC e o incremento dos impostos fai perder 333 millóns de euros aos pensionistas galegos

A non revalorización co IPC e o incremento dos impostos fai perder 333 millóns de euros aos pensionistas galegos

A non revalorización co IPC e o incremento dos impostos fai perder 333 millóns de euros aos pensionistas galegos

A decisión do Goberno de Rajoy, non revalorizar as pensións en base ó IPC, tal e como esixe a lexislación vixente, vai supoñer que en 2012 os 700.000 pensionistas galegos, cunha pensión contributiva media das máis baixas do Estado (moitas procedentes dos réximes do mar e agrario), perdan 200 millóns de euros. A esta cifra haberá que engadir o incremento de impostos tales como o IRPF, o IBI ou o canon da auga, elevando a 333 millóns de euros a carga sobre os pensionistas.

Son estas cifras as que levaron á viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, a esixir hoxe, en rolda de prensa, a posición de Feijóo sobre este asunto. “Cando estaba en campaña dicía que o PP non ía conxelar as pensións, tiña razón, o que fixeron foi baixalas”, ironizou a parlamentaria socialista, que anunciou o apoio do PSdeG-PSOE, a través de iniciativas no Parlamento, as deputacións e os concellos, ao recurso ante o Tribunal Constitucional presentado polos socialistas e os demais partidos con representación no Congreso, agás o PP.

“É a primeira vez que se incumpre a lei en materia de revalorización das pensións”, recrimina Carmen Gallego aos populares, “e esiximos que se cumpra, que non se suspenda o dereito á revalorización”.

PEOR SITUACIÓN PARA AS PROVINCIAS DO INTERIOR

Carmen Gallego salientou que o IPC, ao que se referencia a devandita revalorización das pensións, foi de media un 2,9%, pero “non é o mesmo en todas as provincias”. Os pensionistas da provincia de Lugo, con un IPC de 3,4% e os de Ourense cun 2,9%, son dobremente castigados ao ter as pensións máis baixas e pola non revalorización. Pontevedra tivo unha taxa do 2,7% e A Coruña do 2,5%.

“Os pensionistas do Interior son os que perden maior poder adquisitivo”, denuncia a deputada socialista, por iso considera “urxente” que se manifeste ao respecto o Presidente da Xunta.

Reprocha aos populares que, unha vez rematadas as eleccións catalás “deixaron ver cales eran as súas verdadeiras intencións”.

Tamén critica ao Goberno de Rajoy que, mentres decide non revalorizar as pensións gastou 7 millóns de euros en publicidade e propaganda os pasados meses de xaneiro e febreiro para sendas comunicacións enviadas aos pensionistas. Gallego considera que “habería outros moitos sitios mellor onde gastalos”, nun momento de crise como o actual.

COPAGO DO TRANSPORTE SANITARIO

Carmen Gallego se referiu tamén a outra cuestión que, segundo dixo, “ven incrementar tamén o coste da vida dos pensionistas galegos”, o copago no ámbito sanitario. “Ademais de pagar as medicinas o Goberno pretende que enfermos crónicos e pensionistas paguen polo transporte sanitario”, condena a parlamentaria pontevedresa.

A viceportavoz socialista esíxelle á Xunta, e nomeadamente á conselleira de Sanidade, que na Conferencia Sectorial se opoña ao copago do transporte sanitario non urxente porque “as persoas que usan este servizo son maioritariamente de avanzada idade e con pensións moi baixas”.

A dispersión e a falta dun servizo público de transporte axeitado incrementan aínda máis “a necesidade de que este transporte sexa gratuíto”, insiste Gallego. Recorda que “xa pagamos a través dos impostos e non é necesario ningún copago”. Para os socialistas “a Sanidade pública hai que sufragala a través dos impostos, para que paguen máis os que máis teñen”, afirmou a parlamentaria socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar