A neglixencia contable na CRTVG provoca unha presunta fraude de ata 15 millóns de euros nas nóminas

A neglixencia contable na CRTVG provoca unha presunta fraude de ata 15 millóns de euros nas nóminas

A neglixencia contable na CRTVG provoca unha presunta fraude de ata 15 millóns de euros nas nóminas

Concepción Burgo 020215A deputada socialista Concepción Burgo denunciou hoxe a “neglixencia contable” da dirección da CRTVG ao incorrer unha suposta fraude á Seguridade Social de entre 4 e 15 millóns de euros. Burgo presentou unha pregunta pola denuncia presentada por un sindicato diante da Inspección de Traballo por reducir as cotizacións dos traballadores entre 100 e 700 euros mensuais dende 2010.

A responsable socialista interveu na Comisión de control da CRTVG celebrada hoxe no Parlamento para reclamarlle ao director xeral da compañía que “asuma a súa responsabilidade, explique cómo puido pasar isto, a cánto ascenden as perdas e cómo vai restituír os dereitos dos traballadores”.

Advertiu as importantes diferenzas entre a estimación do custe feito pola compañía, dun máximo de 400.000 euros anuais, e o sindicato, que eleva a contía ata un máximo de 15 millóns de euros en total.

Sinalou que os afectados, ademais de deixar de percibir importantes contías económicas por un erro nas cotizacións, agora teñen que restituír unha débeda coa Seguridade Social pola rebaixa nas nóminas e que agora están a ser investigados pola inspección de traballo.

Burgo advertiu que ademais das contías que terá que afrontar o ente, esta situación pon en dúbida o discurso elaborado polo actual director xeral da CRTVG, que “sempre puxo o acento na estabilidade orzamentaria, no saneamento económico da compañía e no equilibro orzamentario”. Sentenciou que “temos serias dúbidas de que boa parte dese suposto equilibro se acadara a costa de vulnerar os dereitos dos traballadores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar