A negativa da Xunta a responder á Cámara obriga á Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente a debatir 13 preguntas socialistas

A negativa da Xunta a responder á Cámara obriga á Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente a debatir 13 preguntas socialistas

A negativa da Xunta a responder á Cámara obriga á Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente a debatir 13 preguntas socialistas

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe a “obstrución reiterada” da Xunta ao labor da oposición negándose sistematicamente a responder ás preguntas e solicitudes de información tramitadas por escrito. Esta falla de información obrigou ao Grupo Socialista a incluír na Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente un total de 13 preguntas.

Gallego explicou que 11 destas iniciativas foron debatidas hoxe porque a Xunta previamente rexeitou respondelas por escrito –algunha delas remítese a 2009- e advertiu que “de seguir así obrigaremos ao goberno a dedicar bastantes mais horas a vir ao Parlamento a contestar ás nosas preguntas”.

Lamentou que esta “costume” do goberno galego “estase convertendo en perigosa” xa que obstrúe o labor de control da Cámara autonómica, ademais de que “en nada axuda a dignificar a institución”. Criticou que “resulta moi difícil exercer unha oposición rigorosa coa correcta atención aos temas de actualidade cando o goberno impide reiteradamente o acceso á información axeitada”.

Tamén puxo exemplos da falla de rigor do goberno galego ao incumprir os compromisos acadados en sede parlamentaria de achegar información aos parlamentarios. Dixo así por exemplo que membros da Consellería de Medio Ambiente acordaron hai dous anos achegar información sobre as hectáreas dentro dos espazos protexidos afectadas polos lumes forestais, unha información que “nunca chegou á Cámara”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar