A multa de 88 millóns contra as industrias lácteas debe beneficiar aos produtores

A multa de 88 millóns contra as industrias lácteas debe beneficiar aos produtores

A multa de 88 millóns contra as industrias lácteas debe beneficiar aos produtores

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, presentará unha moción, no Pleno que comeza o próximo martes, na que lle reclama ao goberno central que reverta en beneficio dos produtores a multa de 88,2 millóns de euros imposta a algunhas industrias. A Comisión Nacional do Mercado da Competencia sancionou a estas por prácticas ilegais para acordar prezos e “repartirse” aos produtores de leite.

García sinala que o expediente da CNMC revela a necesidade de “afondar na investigación de prácticas ilegais, semellantes ás desenvolvidas polas industrias, por parte das cadeas de distribución alimentaria que operan en todo o Estado”. A situación require dun plan “claro, sistemático e con seguimento periódico” do goberno con inspeccións e sancións xeneralizadas en tódalas superficies comerciais galegas.

Os socialistas propoñen ademais a constitución dun foro permanente a nivel galego de produtores, industria e distribuidores implicados no sector lácteo e liderado pola Consellería do Medio Rural.

Reclamoulle ao goberno galego que “abandone a súa estratexia de responsabilizar aos gandeiros” cando son “a parte mais vulnerable da cadea”, como vén de constatar o informe da CNMC sobre as prácticas ilegais da industria para manter os prezos artificialmente baixos.

Sinala que as industrias sancionadas “son as mesmas que foron presionar para que non se modificara o decreto” do paquete lácteo, aos que precisamente lles interesa que non se apliquen os contratos de prezos por un ano ou se instaure a figura do mediador, mentres a Consellería “segue culpando aos gandeiros”.

Por iso reclamoulle ao goberno galego que tome a iniciativa e defenda a uns produtores que “fan de Galicia unha potencia en produción de leite”, co 50 por cento da produción nacional. García propón así un plan específico de apoio ao sector “para paliar os posibles efectos negativos que terá que abordar no primeiro ano de desaparición do sistema de cota láctea”.

Finalmente, insta ao Consello Galego da Competencia a desenvolver un protocolo específico de actuacións para o sector en Galicia “dados os precedentes recollidos incluso nos seus propios informes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar