A modificación do decreto lácteo confirma a "farsa" de Feijóo

A modificación do decreto lácteo confirma a "farsa" de Feijóo

A modificación do decreto lácteo confirma a "farsa" de Feijóo

Pablo GarcíaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe a modificación do decreto que debera aplicar o paquete lácteo para preparar ao sector diante da desaparición do sistema de cotas, dentro de un mes. García criticou a inacción do goberno central diante dunha medida que se coñece dende 2010 e o silencio da Xunta logo de presentarse como abandeirada no proceso.

García sinalou que o desleixo do goberno galego confirma a “farsa” de Feijóo, que no mes de xullo pasado fora recibido pola daquela nova Ministra de Agricultura, para presentarse como o impulsor da modificación do decreto 13/12 para aplicar o “paquete lácteo”. O venres pasado foi aprobado por fin o decreto pero deixa fora as principais demandas do sector e a Xunta cala, o que “da a medida da súa opinión”.

A realidade é que o presidente da Xunta “conseguiu unha cousa moi pobre” que apenas foi mais alá de ser o primeiro de facerse unha foto coa nova ministra e de deixar a “sensación de que apadriñaba a modificación do decreto”. A modificación finalmente chegou, pero demasiado tarde e para deixar as cousas como estaban, cos gandeiros galegos, os que mais leite producen do Estado, nas mans da industria.

O deputado socialista acusa ao goberno de permitir unha norma que mantén a posición dominante da industria, xa que mantén a figura do mediador e a duración mínima de un ano dos contratos como elementos voluntarios. “Para esta viaxe non facían falta esas alforxas”, sinalou Pablo García exhibindo de novo un contrato imposto pola industria, asinado un mes despois de ser entregado o leite moi por debaixo do prezo medio.

Os principais problemas do sector galego, que ten o leite mais barato de España e polo tanto de Europa, persisten a un mes de que desaparezan as cotas e polo tanto comece a competencia directa co resto de países produtores.

Inaudito

O parlamentario socialista considera “inaudito” que, tres días despois de que se presentara o novo decreto, a Xunta non teña aberto a boca sobre este asunto. Advertiu que “ben é certo que logo de terlles presentado 6 interpelacións e innumerables iniciativas en Pleno e Comisión non presentaron unha posición sobre este asunto, e polo tanto non se ven obrigados a facer un balance que o sector xustamente esixe”.

Esixiulle ao presidente da Xunta que explique si realmente “reclamoulle algo á ministra ou non”, para tomar a medida do seu fracaso e que diga “qué pasou si é que non lle fixeron caso e qué vai facer agora”. Critica o empeño de Feijóo en manterse “de espectador” mentres Galicia camiña cara a maior reestruturación do sector en décadas co o leite mais barato do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar