A modificación da Lei de Costas non servirá de escusa para que Ence permaneza no seu actual emprazamento na ría de Pontevedra

A modificación da Lei de Costas non servirá de escusa para que Ence permaneza no seu actual emprazamento na ría de Pontevedra

A modificación da Lei de Costas non servirá de escusa para que Ence permaneza no seu actual emprazamento na ría de Pontevedra

Esixe a Feijóo que negocie coa empresa e os axentes sociais o plan industrial concertado, o peche do ciclo de papel e a reubicación de Ence no país


Na mesma rolda, Gallego tachou de electoralista o convenio asinado por Cañete e Feijóo e dubida da súa aplicación logo do recorte do 85,9% nos orzamentos para desenvolvemento rural en 2012

A Secretaria de Coordinación da área de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, afirmou en rolda de prensa que o Partido Socialista vai esixir ao Goberno de Galicia o cumprimento do acordo parlamentario unánime, impulsado polo Grupo Socialista, para que Ence saia fora da ría de Pontevedra antes de 2018.

Denuncia Gallego que, desde que Rajoy chegou á Moncloa, existe un “cruce de declaracións entre o Goberno Central e a Xunta” sobre este asunto que a dirixente socialista atribúe “máis que nada a unha estratexia electoral e non ao fondo convencemento de que Ence debe saír da ría cando remate a súa concesión administrativa”.

Os socialistas “imos permanecer vixiantes” ao cumprimento dese acordo parlamentario, salienta Gallego, e “imos seguir esixindo ao Goberno de Galicia que cumpra co seu compromiso”, que se trataba de negociar coa empresa e cos axentes sociais un plan industrial concertado, reubicar Ence fora da ría de Pontevedra, pero en Galicia e pechar o ciclo de papel no noso país.

Gallego Calvar cree que os populares se están a distribuír o papel de “bo é de malo”, pero co obxectivo de que Ence permaneza na ría. O PSdeG-PSOE vai “estar moi atento” para que se cumpra o acordo e xa advirte aos populares “que non vai valer de escusa a modificación que se chegue facer da Lei de Costas para a permanencia de Ence na ría de Pontevedra no seu emprazamento actual”.

CONVENIO

A Secretaria de Coordinación da área de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, acusou na mesma rolda de prensa ao Presidente Feijóo de retrasar “deliberadamente” o convenio asinado onte co Ministro Cañete para o desenvolvemento rural sostible.

Un convenio que “chega dous anos tarde” porque a Xunta se “retrasou na elaboración dos Plans de Zona” e porque, denuncia Gallego, “non foron consultados estes plans cos concellos que eran de distinta cor política” á do PP.

A dirixente socialista tacha ademais a este convenio de falto de “credibilidade e validez”. Pregúntase Carmen Gallego como pode un Goberno Central, que reduce a partida para desenvolvemento rural en 2012 nun 85,9%, deixando os 200M€ en 28M€, comprometerse a cubrir a metade dos 170 millóns do convenio asinado onte.

Gallego Calvar califica o acto de sinatura de onte como “electoralista”. Para a responsable de Economía dos socialistas galegos Feijóo “xa está empezando campaña electoral” e “vainos acostumar a moitas fotos coma de onte, con un único fin electoralista, pero que non significan nada”. Mais ben significan, a xuízo de Gallego, “o pouco compromiso co medio rural do Presidente Feijóo nestes tres anos de Goberno”, porque senón “non habería desaproveitado estes dous anos” e alongando o prazo para a sinatura do convenio ata o límite do estipulado pola lei, en vigor desde 2007.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar