A "metedura de pata" de Feijóo co déficit cero provoca unha recuperación "renqueante" do emprego

A "metedura de pata" de Feijóo co déficit cero provoca unha recuperación "renqueante" do emprego

A “metedura de pata” de Feijóo co déficit cero provoca unha recuperación “renqueante” do emprego

O portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a “metedura de pata e a desconexión da realidade” de Feijóo coa súa obsesión co déficit cero. Esta provocou, dixo, que a recuperación do emprego no ano 2016 sexa “cuantitativa e cualitativamente máis renqueante” en Galicia que no resto do Estado.

Así o dixo no debate para a elaboración do ditame dos orzamentos para 2017, que comezou hoxe en Comisión parlamentaria, na que Losada defendeu as 48 emendas presentadas presentadas polos socialistas galegos e rexeitadas polo PP. Criticou que Feijóo pretenda agora presentarse como “xestor do ano” cando o desemprego descende en Galicia de forma notablemente inferior ao resto do Estado e a precariedade é significativamente maior.

Losada recolleu os datos da EPA do IV trimestre de 2016, que revelan o comportamento do mercado laboral durante todo o ano pasado, e revelan que mentres a ocupación medrou un 2,29 por cento en España, en Galicia tan só aumentou un 1,65 por cento, un 40 por cento menos. Ademais, mentres o paro descendeu un 11,33 por cento en todo o Estado, en Galicia o fixo un 8,32 por cento, un descenso un 26 por cento inferior.

Mentres isto sucede, apuntou, o presidente da Xunta decide aumentarse o sueldo un 7,5 por cento, un 7 por cento no caso dos altos cargos, o que resulta “pouco elegante” ao comparalo co aumento da pobreza en Galicia, onde 37.000 fogares carecen de ingresos.

Os socialistas galegos reclamaron a través das súas emendas unha “fiscalidade diferente” que grave máis ao patrimonio e as rendas do capital, o que permitiría “gastar más e recuperar o déficit pola vía do aumento da recadación e non recortando. Esta política fiscal permitiría ademais blindar a sanidade e o ensino, recuperando paulatinamente o número de funcionarios suprimidos e a calidade do servizo público.

Losada defendeu as propostas socialistas para incrementar a Risga, as partidas para dependencia, os libros de texto gratuítos, bolsas de estudos ou o tique eléctrico, que só beneficia a 6.000 dos preto de 40.000 fogares sen ingresos.

Área Metropolitana de Vigo

O responsable socialista chamou á colaboración da Xunta cos concellos, revertendo a súa decisión de suprimir a Área Metropolitana de Vigo das súas políticas de apoio á colaboración local, o que “adianta a posición política do goberno galego”. Losada reclamou un aumento dos fondos incondicionados á administración local, que hoxe recibe axudas condicionadas polo goberno galego para garantir o seu control político indirecto.

Os socialistas galegos presentaron tamén diversas emendas para garantir a gobernanza económica e a transparencia, a través da creación da Oficina de control orzamentario no Parlamento, a reversión do Hospital privado de Vigo ao sector público, ou facendo un “esforzo complementario” á hora de rebaixar o prezo do chan industrial para facelo competitivo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar