A Mesa do Parlamento debe acadar o desbloqueo da transferencia da AP-9

A Mesa do Parlamento debe acadar o desbloqueo da transferencia da AP-9

A Mesa do Parlamento debe acadar o desbloqueo da transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou hoxe aos grupos parlamentarios a determinar unha “posición unánime” para reclamar a transferencia da AP-9 a Galicia. Así o dixo nunha rolda de prensa na que deu conta da asignación de portavocías do Grupo Socialista e fixo público un escrito instando á Mesa do Parlamento a dirixirse ao Congreso para desbloquear esta iniciativa.

Fernández Leiceaga lembrou que a iniciativa foi aprobada de forma unánime pola Cámara autonómica na pasada lexislatura, malia o que contou cun informe desfavorable do Goberno, alegando que carecía de asignación orzamentaria, e dende entón está á espera dun informe dos servizos xurídicos do Congreso.

O responsable socialista reclámalle á Mesa do Parlamento de Galicia que tome a iniciativa e, en primeiro lugar, demande do Congreso unha previsión da data na que o informe será emitido. Paralelamente, sinala, debe ser a Mesa quen tome a iniciativa e se persone no Congreso para explicar por qué esta iniciativa debe ser desbloqueada.

Explica que, en primeiro lugar, o debate radica na súa toma en consideración, non na aprobación definitiva, o que daría lugar a un trámite parlamentario no que pode ser corrixido calquera compromiso de gasto que incomode ao goberno. En segundo lugar, apostilla, a transferencia “en ningún caso operará sobre o exercicio de 2016, senón sobre o do ano 2017, que nin sequera ten sido presentado no Congreso”.

Sobre o anuncio feito público dunha posible xuntanza entre os grupos parlamentarios, Fernández Leiceaga instou a “evitar a dialéctica goberno / oposición” e fuxir do “conflito interno” en Galicia que só danaría un final satisfactorio para toda Galicia. Por iso apelou a “buscar vías e escenarios nos que todos poidamos sentirnos cómodos”.

Portavocías

O portavoz socialista interveu logo dunha xuntanza do Grupo Socialista no que foron distribuídas as áreas entre os distintos deputados e deputadas, combinando xuventude e experiencia. Deste xeito quedaría pechada a organización interna do Grupo Parlamentario, coa incorporación á Permanente de Concepción Burgo como membro nato por formar parte da Mesa.

A parlamentaria de Lugo integra o órgano de dirección xunto con Leiceaga, como portavoz, Patricia Vilán, Luis Álvarez e Noela Blanco como portavoces adxuntos, e Juan Manuel Díaz Villoslada como secretario.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar