A meirande parte das emendas do PSdeG foron acollidas total ou parcialmente na Conferencia Política

A meirande parte das emendas do PSdeG foron acollidas total ou parcialmente na Conferencia Política

A meirande parte das emendas do PSdeG foron acollidas total ou parcialmente na Conferencia Política

A deputada e secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego e o senador por Lugo, Luís Ángel Lago Lage, valoraron positivamente a participación galega na Conferencia Política que celebrou o PSOE esta fin de semana, xa que foron incluídas a maior parte das 99 emendas presentadas pola delegación do PSdeG.

Carmen Gallego salientou que nesta conferencia “abordáronse os problemas da cidadanía e buscáronse respostas aos novos retos que nos trouxo esta crise económica, e que se fixo baixo a clave de escoitar, dialogar e explicar”. Destacou ademais o “magnífico resultado” das emendas do PSdeG, xa que a maior parte foron “aprobadas literalmente ou ben transaccionadas e asumidas polo conxunto dos compañeiros e compañeiras do PSOE”.

Gallego que participou na Comisión de Economía, destacou que “aceptáronse emendas novedosas e moi potentes, por exemplo en materia de emprego, tanto nos novos conceptos de reparto do tempo de traballo, como en buscar que as empresas que ofrecen estabilidade no emprego teñan incentivos, ou mesmo que os plans de emprego que se fagan sexan sectoriais”.

Ademais sinalou que “aceptáronse emendas para o estímulo da responsabilidade social das empresas, e dicir, aquelas empresas que teñan un comportamento social responsable, dende o punto de vista laboral, como medio ambiental obteñan estímulos por parte dos poderes públicos”.

Gallego apuntou que “tratamos de dar unha visión máis ampla da economía litoral, xa que España ten a maior fachada marítima de Europa, apostando por unha economía produtiva, dándolle á industria máis peso dentro do PIB”. “Está ben que teñamos un sector servicios ben desenvolvido, pero é necesario que os sectores industriais tan importantes como o complexo mar-industria e o sector naval teñan programas específicos de innovación”, destacou a socialista.
Neste senso, aseverou que “é necesario apostar polo sector industrial, xa que vemos que dende a chegada de Feijóo á Xunta perdéronse máis de 30.000 empregos na industria”.

En canto á pesca, Gallego apuntou que “pedimos, e así se aceptou, que na reforma da Política Común de Pesca haxa un recoñecemento específico para este sector, como garante do abastecemento alimentario da UE e como creador de riqueza nas zonas costeiras”.

Pola súa banda o senador Luís Ángel Lago Lage, quen participou na comisión de Democracia, valorou as propostas aceptadas sobre a reforma electoral, a reforma institucional e a blindaxe das políticas sociais. Apuntou que os socialistas deron un “paso importante”, cunha aposta clara polas listas desbloqueadas, “de tal xeito que non só se vote ao partido senón que os cidadáns poidan manifestar a súa preferencia por un candidato ou candidata”.

Respecto ao voto exterior, destacou como pasos máis significativos “que o voto rogado sexa unicamente a primeira vez que se solicita, e despois en vindeiras eleccións sexa xa de xeito automático”; ademais da constitución dunha circunscripción única para candidatos e candidatas de cidadáns que residen no exterior, cunha representación de entre catro e seis escanos no Senado.

O senador amosouse satisfeito xa que “se introduciu a premisa de un servizo público unha administración, de tal xeito que “se fará unha revisión do papel que xogan as deputacións” para que estean “ao servizo dos concellos pequenos, en lugar de ser unha mera posición de poder ante outros gobernos autonómicos ou municipais”. Os socialistas galegos defenderon tamén a reforma da lei de financiamento municipal, apostando por clarificar o mapa competencial entre comunidades, deputacións e os concellos; así como unha aposta polas novas tecnoloxías nos gobernos locais.

Lago Lage fixo especial fincapé na reforma do Senado que asegurou que “está bloquedada polo PP”. “Fixemos unha aportación na que propuxemos que o sexa unha Cámara permanente da política española, que non se disolva”.

En canto a blindaxe das políticas sociais, educación, sanidade, pensións é dependencia, sinalou que o PSdeG defendeu que “nos momentos, nos cales se precisa aforrar, nos se aforre a costa delas, xa que o gasto social non é un gasto, senón unha inversión de futuro”. “A blindaxe implica que ningún Goberno poida recortalas, e por iso deben estar blindadas nos Estatutos das comunidades autónomas”, matizou Lago Lage.

Por último, o senador anunciou que “tamén se recolleu a necesidades de que haxa unha renta social mínima igual en tódalas comunidades para garantir os mesmos dereitos en todo o territorio español.”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar