A "mala xestión" de Medio Rural provocou a perda de 1.100 explotacións gandeiras en só dous anos

A "mala xestión" de Medio Rural provocou a perda de 1.100 explotacións gandeiras en só dous anos

A “mala xestión” de Medio Rural provocou a perda de 1.100 explotacións gandeiras en só dous anos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, criticou hoxe a “mala xestión” das políticas do goberno galego dirixidas ao Medio Rural. Na comparecencia da conselleira para dar conta das súas medidas, lembrou que a súa xestión provocou a perda de case 1.100 explotacións gandeiras en case dous anos.

O responsable socialista dixo que o ritmo de peche de explotacións constante “non é a mellor noticia sobre a saúde do sector gandeiro”, senón que “reflicte con claridade a crise do sector”. Criticou o desleixo do goberno galego diante das causas desta crise, como son os prezos do leite, que malia unha lixeira suba o 25 por cento das explotacións están por debaixo dos 27 céntimos, ou a carencia de base superficial para as explotacións.

Advertiu que “o programa de concentracións non é suficiente”, polo que propuxo “dinamizar e darlle vida ao outro instrumento xurídico ao alcance do goberno, como é o Banco de Terras”. Sinalou que “a súa dotación orzamentaria, de 80.000 euros, é unha declaración de intencións da pouca relevancia que o goberno lle da a ese mecanismo tan necesario para incrementar a base territorial das explotacións”.

Sinalou que malia que o goberno “presuma de novas incorporacións”, en realidade agocha que “moitas das novas incorporacións son en realidade meros cambios de titularidade”. Engadiu que, fronte aos 40.000 euros de media que percibe cada nova incorporación, “nada din de que Facenda os conceptúa como un ingreso a tributar ao primeiro ano ao 30 por cento.

Ademais, sinalou que mentres “é certo que se aprobaron 470 Plans de Mellora das Explotacións, non é menos certo que denegaron máis de 500 expedientes, fundamentalmente por falta de orzamento”, cando “deixaron sen executar 116 millóns de euros de fondos europeos” en 2016.

Advertiu que “fronte ao imposto cero que anuncia o PP, a realidade é que todas as medidas que anuncien quedan eclipsadas ao lado do que xa é a Lexislatura do Catastrazo”, cunha presión impositiva “tan forte que os incentivos quedan diluídos”.

Aludiu así á coincidencia das novas valoracións do valor catastral co incremento do coeficiente multiplicador a nivel municipal, o cobro de atrasos e “ata hai que pagar a realización da alta”, o que considera “un atraco legal en toda regra”.

Crise da pataca

Quiroga criticou ademais a “tardanza” demostrada polas administracións á hora de afrontar a praga da couza da pataca, que pasou en tempo récord de 3 a 31 concellos afectados, cun total de 3.000 fincas e obrigando a destruír 50 toneladas de pataca “cando non se debeu deixar plantar nada”.

Reclamou que “fagan ben os deberes”, logo de que rexeitaran as propostas socialistas para incorporar aos representantes na Comisión de Seguimento, “como se quixeran tapar algo”, e de que se negaran a incluír as propostas dirixidas a destinar diñeiro para a investigación desta praga.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar