A lei galega LGTBI leva dous anos sen estar desenvolvida

A lei galega LGTBI leva dous anos sen estar desenvolvida

A lei galega LGTBI leva dous anos sen estar desenvolvida

A portavoz de política social e LGTBI do grupo socialista, Noela Blanco, lembroulle hoxe á secretaria xeral de Igualdade da Xunta que a lei galega pola igualdade de trato e non discriminación de LGTBI, promovida polos socialistas, leva dous anos sen estar desenvolvida, e pediu “diálogo aberto” cos colectivos e actuar de forma prioritaria nos ámbitos da educación e a sanidade.

Blanco pediu “desenvolver e corrixir” as actuacións do goberno galego, e apuntou que teñen a obriga de darlle cumprimento a unha lexislación que ademais foi aprobada sen ningún voto en contra da Cámara galega. A socialista lembrou as agresións homófobas que seguen a producirse en Galicia e lamentou que a Xunta votase en contra dunha iniciativa socialista para prohibir o reparto de panfletos homófobos nos centros escolares da comunidade por parte da asociación ultraconservadora Hazte Oír.

“Debería chamarse Háztelo Mirar”, ironizou Blanco, que lle pediu á Xunta unha posición en contra destes panfletos e do “autobús do odio” no caso de que pretenda chegar a Galicia, sen obter ningún tipo de resposta por parte da secretaria xeral.

“Macromachismo” do alcalde de Noia
Noela Blanco referiuse tamén na súa intervención ás declaracións machistas do alcalde do PP de Noia no acto do Día da Muller. “Comprobamos que non hai que achegarse para tocarnos as narices, e que ás veces para ferir ás mulleres non hai que sangrar, con abrir a boca é suficiente”, lamentou en referencia ás súas palabras.

Blanco considerou “moi pobres” as súas desculpas e “se explican que o que dixo foi porque intentaba admirar ás mulleres, o problema é aínda moito máis grave”; un “macromachismo” que “só serve para faltar á dignidade e máis cando vén dun representante público”, dixo.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar