A Lei dos Enfermos Terminais sitúa a Galicia "á vangarda" nas garantías dos dereitos das persoas

A Lei dos Enfermos Terminais sitúa a Galicia "á vangarda" nas garantías dos dereitos das persoas

A Lei dos Enfermos Terminais sitúa a Galicia "á vangarda" nas garantías dos dereitos das persoas

Enfermos terminaisA viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Gallego, dixo hoxe que a Lei de Dereitos e Garantías da Dignidade dos Enfermos Terminais, que previsiblemente será aprobada no próximo Pleno do Parlamento, sitúa a Galicia “á vangarda nas garantías dos dereitos das persoas”.

A deputada socialista compareceu hoxe en rolda de prensa xunto coa deputada impulsora desta norma, a portavoz de Sanidade Carmen Acuña, para poñer en valor unha norma que afronta a súa votación final logo de ser presentada polos socialistas galegos na Cámara autonómica en xuño de 2014. Chamaron ao consenso para aprobar unha norma que foi enriquecida e mellorada coas aportacións de tódolos grupos durante o seu trámite parlamentario.

Gallego salientou que o éxito desta Lei, unida á Lei de non discriminación das persoas LGTBI, evidencian que “a prioridade dos socialistas galegos son as persoas e a mellora nas garantías dos dereitos das persoas”.

Tamén neste caso trátase dun primeiro paso importante na defensa dos dereitos das persoas ao remate da súa vida que ten como obxectivo final aprobar unha Lei estatal que determine unha carteira de servizos mínimos no Sistema Nacional de Saúde.

A deputada socialista destacou que aprobando esta norma Galicia sitúase á vangarda das leis de garantía dos dereitos das persoas, ao nivel de comunidades autónomas pioneiras como é o caso de Andalucía. Explicou que tamén Aragón e Navarra teñen lexislación sobre este asunto, mentres Euskadi comezou no seu momento a tramitar unha norma en paralelo con Galicia.

Baleiro legal

A portavoz de Sanidade, Carmen Acuña, explicou que o obxectivo último da norma é recoñecer os dereitos e recoñecer a dignidade de tódalas persoas “morran onde morran, teñan a idade que teñan e sexa pola razón que sexa”. A norma cubre un baleiro legal co que se enfrontaban médicos e pacientes nestes casos que os situaba moi preto da clandestinidade.

Esta Lei, “necesaria para a cidadanía”, garante o remate da vida “sen dor, sen angustia, sen ansiedade e en paz” e obriga á administración a “garantir os coidados paliativos a tódalas persoas por igual” e anunciou que os socialistas galegos estaremos “moi vixilantes” na posta en práctica desta norma.

Acuña salientou que a norma galega incluirá un “espazo digno” para estas persoas ao incluír a garantía a dispor dunha habitación individual nestes casos salvo situacións excepcionais.

Xornada

Carmen Gallego presentou hoxe unha xornada parlamentaria sobre “Os recortes na sanidade: Repercusións no acceso aos tratamentos oncolóxicos”, que analizará as consecuencias da política de recortes continuas de Rajoy e Feijóo sobre a calidade dos servizos sociais. A xornada será inaugurada polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro.

Este encontro contará con usuarios e profesionais da sanidade pública galega para dar testemuña da situación dos enfermos de cancro e recoller propostas para a mellora da sanidade pública. A xornada forma parte da rolda de encontros temáticos organizados polos socialistas galegos para “abrir as portas do Parlamento á cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar