A Lei do Solo, un "lío xurídico" para os alcaldes e os titulares de explotacións do rural

A Lei do Solo, un "lío xurídico" para os alcaldes e os titulares de explotacións do rural

A Lei do Solo, un “lío xurídico” para os alcaldes e os titulares de explotacións do rural

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu que a nova Lei do Solo “mete nun lío” xurídico aos alcaldes do rural e aos titulares de milleiros de explotacións en solo de núcleo rural. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para modificar a Lei e garantir a legalidade destas explotacións, que foi rexeitada polo PP.

Acusa ao PP e ao goberno galego de “meter a pata ata o fondo” e provocar “un lío monumental” ao regular as instalacións agrícolas – gandeiras excluíndo as que estean situadas en solo de núcleo rural, unha situación que afecta a milleiros de pequenas explotacións situadas a carón das vivendas “dende hai séculos”.

Sinala que a nova norma copia a disposición transitoria que xa había na anterior Lei de 2002 pero excluíndo precisamente a aquelas explotacións, e lembra que no seu momento foran incorporadas á legalidade grazas a unha modificación posterior acordada coas organizacións agrarias.

Hoxe, a situación destas explotacións depende dunha circular emitida pola consellería que “di unha cousa e a contraria” para “retorcer os argumentos” e finalmente deixar “supostamente” en mans dos concellos a regularización destas actividades. Sinala que desta forma os titulares das explotacións dependerán de que ninguén denuncie a súa situación “ou de que un alcalde se vexa obrigado a ilegalizalas por cinco votos”.

García lembra que a situación fora salvada na Lei anterior permitindo por Lei a continuidade das explotacións e mesmo permitindo obras de conservación e reforma, así como ampliacións ata o 50 por cento do volume orixinal. Sinalou que “se querían manter a mesma situación o fácil era deixalo como estaba” seguindo as demandas dos afectados, e evitando así “unha trapallada”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar