A Lei do Solo supón a volta ao feísmo, á inseguridade xurídica e á desprotección do medio rural

A Lei do Solo supón a volta ao feísmo, á inseguridade xurídica e á desprotección do medio rural

A Lei do Solo supón a volta ao feísmo, á inseguridade xurídica e á desprotección do medio rural

urbanismoO responsable da área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, dixo hoxe que a Lei do Solo que hoxe comeza o trámite parlamentario volverá ao modelo urbanístico do feísmo imposto polas leis de 1985 e 1997. O responsable socialista reclamou a devolución dunha norma que provoca inestabilidade e inseguridade xurídica e desprotexe o medio rural.

Sánchez Bugallo alertou de que a norma “consegue o contrario do que pretende” o goberno galego ao anunciar “estabilidade e protección do medio rural”. A realidade, dixo, é que constitúe “unha versión adelgazada da Lei en vigor, devaluada e empeorada, que elimina elementos básicos, fundamentais e positivos, en lugar de suprimir o inútil, farragoso ou innecesario”.

A norma abre de novo “a espita” dos textos de 1985 e 1997, caracterizados pola “proliferación de ducias de milleiros de vivendas espalladas por toda Galicia” impoñendo “un modelo urbanístico inviable e insostible” con “menor calidade técnica e solvencia xurídica” da lei actual. Advertiu que recupera os requirimentos de 1997, polo que alertou de que “si facemos o mesmo volverá a pasar o mesmo”.

Sánchez Bugallo acusou ao goberno galego de “invadir ou anular” a competencia municipal en materia de planeamento aos concellos de menos de 5.000 habitantes, xa que os plans básicos seguen a ser competencia exclusiva da Comunidade Autónoma. A Xunta resérvase o planeamento de 200 concellos que supoñen o 64 por cento do territorio da Comunidade Autónoma e aos que “nin sequera están obrigados a deixalos participar.

Estes concellos, advirte, “non teñen ningunha relevancia”, xa que a colaboración municipal pasa a ser “meramente potestativa” para a Consellería, que equipara aos gobernos locais con “calquera outra entidade como pode ser unha comunidade de veciños ou un clube deportivo”.

Solo protexido

Sánchez Bugallo alude a que o texto, “lonxe de evitar futuros riscos e problemas, elimina a especial protección aos terreos que sufriron un incendio”. Ademais, reduce a protección aos terreos obxecto de concentración parcelaria e elimina o solo rústico de especial protección forestal das áreas arbóreas compostas por especies autóctonas.

Censura que a Lei “renuncia á ordenación do medio rural” cunha ordenanza única que afecta a todo o solo rústico en canto aos usos permitidos pola regulación urbanística, que “son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio”. Advirte que por iso “a nova lei deixa de ser de protección do medio rural de Galicia”.

Engadiu que o texto presentado hoxe desprotexe ao 80 por cento do solo rústico de protección oficial, ao limitar a protección ao solo que teña sido obxecto de concentración parcelaria, tan só o 20 por cento, 750 das 3.738 parroquias de Galicia, e aqueles delimitados nuns catálogos sectoriais “que non existen, e polo tanto non son de aplicación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar