A Lei do Solo, mala a rabiar

A Lei do Solo, mala a rabiar

urbanismoO responsable da Área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou hoxe a Lei do Solo de “texto pobre, débil e malo a rabiar. O responsable socialista interveu no debate en Comisión deste texto que, dixo, evidencia “ou a gran mentira ou o gran fracaso da Xunta no seu anuncio de buscar un marco de consenso e protexer o medio rural e o desenvolvemento urbanístico”.

Sánchez Bugallo acusou ao PP de “non buscar o consenso” ao ofrecer un “debate atado de pes e mans dende o primeiro momento”, e acusou ao presidente da Xunta de levar sete anos comprometido coa elaboración desta norma para “agora presentala deixando tan só un mes de debate parlamentario para elaborala”.

Criticou así as “carencias, improvisación e precipitación sorprendente” nesta Lei “logo de sete anos falando dela”. Explicou que esta celeridade provoca eivas como a situación plantexada coa anulación do PXOM de Vigo, que “resolveríase coa actual Lei en vigor e mesmo coa Lei de 1997”, pero que agora obrigará ao PP a emendar o seu propio texto “mesmo antes da súa entrada en vigor”.

O responsable socialista dixo que o PP renuncia ao consenso e polo tanto o texto fracasa na busca dunha pretendida estabilidade. Ademais, ofrecen unha “versión devaluada, descafeinada, recortada e notablemente empeorada en termos de calidade xurídica e protección do medio rural e do desenvolvemento urbanístico” en relación á Lei actualmente en vigor.

Explicou que a norma incrementa a inseguridade xurídica dos concellos cunha redacción “máis imprecisa e inconcreta” e fracasa na normalización urbanística dos concellos. Provoca ademais un “novo e maior agravio comparativo”, beneficiando aos concellos que non teñen presentado o seu PXOM, ademais de que “continúa sen establecer prazos nin obrigas”, co que “poderán continuar outros 30 anos” sen o eu Plan de Ordenación.

A protección do medio rural supón tamén “unha tomadura de pelo” xa que “acota e reduce radicalmente a protección do solo rústico de especial protección”, e criticou a “negativa total e radical” do PP a aceptar as emendas da oposición en relación á protección do solo agropecuario e de costas. Valorou sen embargo os avances na definición de competencias e fins da actividade urbanística, na que “algo se arreglou grazas ás transaccións” entre os grupos.

O deputado socialista cualificou finalmente de “estafa” da Xunta e do PP no seu compromiso contraído para habilitar aos concellos para presentar Plans Básicos, unha competencia que agora recaerá no goberno galego en contra dos seus compromisos e das emendas da oposición.

Lembrou que o goberno que recaba para si a competencia de elaborar e aprobar os plans básicos municipais dos 200 concellos menores de 5.000 habitantes é o mesmo que “a día de hoxe aínda non foi quén de aprobar un só Plan Territorial Integrado dos previstos para o desenvolvemento das Directrices de Ordenación do Territorio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar