A Lei do Solo deixa fora de ordenación a centos de explotacións de solo de núcleo rural

A Lei do Solo deixa fora de ordenación a centos de explotacións de solo de núcleo rural

A Lei do Solo deixa fora de ordenación a centos de explotacións de solo de núcleo rural

O responsable da Área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, alertou na Comisión de Política Territorial do Parlamento que a nova Lei do Solo de Galicia deixa “fora de ordenación” a “centos” de explotacións sitas en solo de núcleo rural. No debate dunha pregunta oral, reclamou a modificación da Lei para permitir a continuidade das actividades agropecuarias en solo rural ademais de no solo rústico.

O responsable socialista lembrou que esta particularidade, que xa fora incluída na anterior Lei do Solo de Galicia a través tamén dunha emenda, foi de novo suprimida polo goberno galego sen dar ningunha explicación. Puntualizou que a modificación afecta ás explotacións “que xa existen e están funcionando” e que quedan fora de ordenación.

Instou á Xunta a aceptar a proposta de modificación presentada polos socialistas galegos para incorporar “unha simple liña” á nova Lei para evitar ter que modificar 256 plans xerais ou as normas subsidiarias de planeamento urbanístico entre abril e setembro, unha tarefa complicada tendo en conta, dixo, que en 15 anos só foron aprobados 85.

Sánchez Bugallo explicou que no dito mes de setembro remata o prazo para que os titulares das explotacións poidan presentar as solicitudes de axudas do PDR que poden perder por non estar reguladas. Acusou ao goberno galego de “pasarlle a pataca quente” aos concellos cando “cun tema sinxelo de resolver provocan un lío que pode deixar a centos de explotacións fora de ordenación”.

Publicidade

Sánchez Bugallo presentou ademais unha pregunta parlamentaria na que criticou que o goberno galego teña realizado unha campaña publicitaria durante todo o mes de abril co lema “Galicia con vida; coita, ordena, impulsa: nova Lei do Solo de Galicia”. Confesouse “aterrado” sobre o prezo que puido supor a dita campaña, “dende logo moitísimo máis do que custa facer o Plan Básico Autonómico que a día de hoxe non teñen encargado”.

Apuntou que “calquera mal pensado” poderá advertir que o dispendio está “destinado á compra de vontades ou a buscar a aquiescencia dos medios” e non unha utilidade práctica ou de interese social.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar