A lei do Sistema Universitario Galego pon a alfombra vermella á entrada das privadas e pon en risco a sustentabilidade da pública

A lei do Sistema Universitario Galego pon a alfombra vermella á entrada das privadas e pon en risco a sustentabilidade da pública

A lei do Sistema Universitario Galego pon a alfombra vermella á entrada das privadas e pon en risco a sustentabilidade da pública

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiu defendeu en Pleno o rexeitamento socialista da Lei do Sistema Universitario de Galicia porque, ao seu xuízo, vulnera a autonomía das universidades galegas e acolle “con alfombra vermella ás privadas”.

A responsable socialista cualificou de “decepcionante” a “imposición por parte do PP”, que só aceptou 12 emendas e transaccionou outras 11 das 131 que presentaron os socialistas galegos.

A parlamentaria do PSdeG condenou esta lei coa que o PP pretenden “aumentar o control político”, e “recortar os custes como sexa”. Como consecuencia, a lei afástase da eficiencia, eficacia e excelencia provocando o retroceso da Universidade Pública galega e favorece a implantación da privada.

En resposta ao argumento do Grupo Popular de que a Universidade galega medrou nestes anos, Concepción Burgo respondeulle que, se medrou, foi “sobre o modelo socialista” de Universidade pública, aberta e de calidade. Preguntou ao portavoz popular cal é o modelo universitario do PP, “sabemos que non queren o noso, pero nunca falan de cal é o seu”, dixo.

Concepción Burgo advertiu que a Lei “vulnera claramente a autonomía universitaria”. A Inxerencia da Xunta chega ata “aspectos tan incribles” como poñer normas para o reparto de materias docentes entre os profesores, o que se suma á falla de recursos económicos que xa lastra unha universidade “cada vez menos autónoma” e que “pode perder a alta calidade que hoxe ten e que tanto custou acadar”.

Advertiu ademais que esta norma vulnera a liberdade de cátedra e deixa “indefenso” ao persoal diante dunhas inspeccións que “non sabemos quén nin cómo as vai facer”. Os socialistas, insistiron na retirada destas inspeccións externas van en contra da autonomía académica, con base na Constitución.

Ademais, dixo Burgo, a Lei do goberno galego prepara a chegada das universidades privadas a Galicia reducindo os requisitos por debaixo dos que lles impoñen aos centros públicos. Así, explicou que lles requiren un mínimo de 4 títulos e eluden poñer criterios sobre o número de profesores doutores, co que “as universidades privadas poden traballar en Galicia mesmo sen doutores”.

Engadiu que a norma permite a competencia desleal das universidades privadas fronte ás públicas, ao permitir ás primeiras a implantación de novas ramas vetadas para o sistema público, ampara ás universidades virtuais, que ofertan títulos “a prezo excesivo pero con calidade non contrastada”, e evita limitar os centros adscritos.

Concepción Brugo denunciou a ausencia de compromiso de impulso da normalización lingüística na Universidade. Censura aos populares de provocar “un retroceso á lei de 1989”.

A socialista condena que non se impulse a coordinación do Sistema Universitario de Galicia. Non se optimiza a coordinación entre as universidades nin se promove un sistema realmente articulado e áxil que faga máis competitivas ás universidades galegas.

Explicou tamén que a Lei debilita o Consello Galego de Universidades, que terase que reunir con menos frecuencia. Sobredimensiónase a presenza de practicamente tódalas consellerías do goberno galego, nomeadamente a de Facenda “que é a que realmente está organizando e dirixindo o Sistema Universitario Galego”.

A lei non estrutura a Investigación no SUG, afirma Brugo. As universidades son responsables do 80% da investigación que se fai en Galicia, pero na lei, denuncia a socialista, non hai nada sobre formación e promoción do persoal docente investigador e non se asegura a mobilidade do profesorado.

Tampouco se garante a suficiencia económica e a sustentabilidade financeira do SUG. Burgo censura que os populares rexeitaran a emenda de revisión cada cinco anos do Plan Financieiro proposta polo PSdeG. Para a deputada, detrás da negativa se agocha a intención de non volver a revisalo, “vai ser prorrogado” sen ter en conta a LOU, onde o artigo 79 garante os recursos necesarios para o funcionamento básico e de calidade da Universidade.

zp8497586rq

32641281A

Pechar