A Lei do Emprego Público, concibida polo PP para o reforzamento do control político sobre a administración

A Lei do Emprego Público, concibida polo PP para o reforzamento do control político sobre a administración

A Lei do Emprego Público, concibida polo PP para o reforzamento do control político sobre a administración

PlenoO deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo criticou hoxe a Lei do Emprego Público concibida pola Xunta e o PP para “o reforzamento do control político da administración pública”. Así o dixo no debate en Pleno desta Lei, rexeitada polos socialistas galegos e finalmente aprobada polo Grupo Popular en solitario, que “empeora un modelo de función pública clientelar e á medida do PP”.

O responsable socialista advertiu que a norma “non garante a independencia, a profesionalidade, a obxectividade nin a imparcialidade da administración pública” e supón a “perda dunha oportunidade na defensa dun modelo administrativo e de función pública para Galicia”.

A norma renuncia á eficiencia e confirma a falla de transparencia da acción do goberno para garantir “maior poder ao Executivo”. Así, non define o límite do segredo profesional pero si que contempla o castigo pola súa falla, mentres “non dedica unha soa liña a defender aos funcionarios que denuncien algún tipo de irregularidade”.

Sánchez Bugallo explicou que con esta norma créase a categoría de persoal directivo dependente de forma directa do Consello da Xunta e fai que os contratos e condicións deste persoal estean nun arquivo dependente do conselleiro da Presidencia “ao que non se garante o acceso” polo que “moito nos tememos que será segredo”.

SB dixo que “tampouco os concursos específicos para a convocatoria de concursos específicos para provisión de postos, entrevistas incluídas, nin a avaliación da prestación dos servizos polos funcionarios ofrecen as máis mínimas garantías de obxectividade e imparcialidade”.

Ademais, as prazas de libre designación serán “rigorosamente dixitais” ao concederse a través dunha convocatoria pública e “resolto en base ao criterio discrecional do órgano que o convoca”.

Sinalou que os funcionarios que queiran facer carreira e promocionarse dentro da administración “saben perfectamente que deben ser bos e atender a quen decide sobre os nomeamentos, xa que “si é problemático vai ter difícil ascender”. En definitiva, non resolve as garantías da carreira profesional dos funcionarios ou no nomeamento de postos de libre designación ou persoal directivo.

Por outra parte, non establece límites cuantitativos para o nomeamento de persoal eventual, confirmando a imaxe de que estes postos están reservados a “situar a compañeiros, familiares ou amigos que non atopan colocación por outro lado”. Sinalou que pola contra “non hai un só artigo, nin un só parágrafo dedicado a garantir a transparencia”.

En definitiva, a norma “non garante o cumprimento dos servizos públicos nin a transparencia”, co que se converte nunha Lei “do goberno do PP, unha Lei do PP e só para o PP, feita para satisfacer as súas necesidades e demandas e en ningún caso as da cidadanía e do colectivo de funcionarios e funcionarias”.

Administración dependente e incapaz

Sánchez Bugallo advertiu que esta norma, “a mais complexa e importantes desta lexislatura”, regula as condicións de acceso e funcionamento dun conxunto de 121.000 empregados públicos que dependen da administración autonómica, dos concellos e das universidades.

O PP e o goberno galego, dixo, renuncian con esta iniciativa a contar cunha administración “eficiente, útil e axeitada” e regulan polo contrario unha administración “dependente e incapaz de atender con eficacia ás necesidades dos galegos e das galegas”.

Criticou a falla de vontade de consenso demostrada polo PP, que malia admitir as súas 38 emendas propias –transaccionando unha delas-, tan só aceptou 7 íntegras e transaccionou outras 12 do conxunto de 805 emendas presentadas pola oposición.

Advertiu do “peculiar sentido da negociación” que ten o PP, que se apoia na súa maioría parlamentaria para acotar a negociación a “determinadas cousas moi concretas” pero “impide negociar sobre o contido global da norma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar