A Lei de Voluntariado é unha copia "castrada e debilitada" do texto presentado polo anterior Goberno

A Lei de Voluntariado é unha copia "castrada e debilitada" do texto presentado polo anterior Goberno

A Lei de Voluntariado é unha copia "castrada e debilitada" do texto presentado polo anterior Goberno

A portavoz de Mocidade e Voluntariado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Silvia Fraga, dixo que a Lei de Acción Voluntaria presentada pola Xunta constitúe “unha mala copia” do texto presentado polo anterior goberno. Lamentou que a Xunta de Feijóo teña paralizado dous anos e medio este texto cando o anterior estaba “xa redactado, aprobado polo Consello da Xunta e, o máis importante, consensuado co sector”.

Fraga acusou á Xunta de levar todo este tempo “tomándolle o pelo a Galicia e ao voluntariado galego”. Sinala así que os socialistas presentarán emendas parciais a esta copia “castrada e debilitada” do texto xa elaborado durante a pasada lexislatura para recoller os aspectos que foron suprimidos ou empeorados co manido argumento da falsa austeridade, cando a maioría desas medidas non supoñen custe algún, é cuestión de vontade política.

Considerou “incluso gracioso” que o PP se gabe agora dun “suposto gran consenso e apoio social” acadado co sector do voluntariado cando xa o acadara o documento orixinal no ano 2008. Criticou que teñan aos voluntarios e voluntarias “esperando a que se aprobe dunha vez” xa que se trata dun documento “moi necesario e amplamente demandado”.

A responsable socialista lamentou “que se perdera todo este tempo só para que o PP puidese disimular ou simular que o texto era unha iniciativa propia”. Advertiu que “tardaron mais de dous anos en cambiar uns cantos artigos de sitio e suprimir outros, privando á acción voluntaria dun marco lexislativo axeitado por un mero capricho”.

Silvia Fraga considera “escaso” o compromiso da Xunta co voluntariado, tendo en conta os “drásticos recortes” que experimentaron as partidas destinadas á solidariedade, que foron reducidas nun 80 por cento dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Lamentou que a pesares de que a labor do voluntariado incrementouse dun xeito notable nestes momentos de crise económica, o orzamento da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado diminuíu nun 40 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar