A Lei de Universidade da Xunta vulnera os dereitos do SUG

A Lei de Universidade da Xunta vulnera os dereitos do SUG

A Lei de Universidade da Xunta vulnera os dereitos do SUG

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou á Xunta de vulnerar os dereitos das universidades a través da Lei presentada hoxe polo goberno galego. Burgo solicitou a devolución desta Lei concibida para “restar autonomía afogando economicamente” a estas institucións “básicas para facer unha sociedade mais competitiva e xusta”.

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de “confundir consenso con chantaxe” e de perpetrar o “secuestro dos reitores e dos seus equipos a través da falla de recursos”. A parlamentaria socialista dixo que a Xunta “busca o control político das Universidades” a través do control financeiro e de organización “atentando claramente contra a autonomía universitaria garantida pola Constitución”.

Explicou que o PP “está a perpetrar unha ofensiva contra a universidade pública e o dereito a unha educación pública de calidade e accesible” facendo “fácil e cómoda” a chegada de novas universidades privadas. Constatou o compromiso dos socialistas co ensino universitario “público, accesible e de calidade”.

Dixo que todo o Proxecto de Lei “leva claramente á mercantilización das universidades” ao restrinxir os fondos públicos, provocando a súa dependencia dos inversores privados e aumentando as taxas universitarias. Advertiu que am consecuencia desta liña é “menor autonomía, menos recursos e o avance da dependencia dos grandes grupos económicos” mentres renuncian am consolidar a investigación.

Vulneración dos dereitos das universidades

Burgo dixo que o texto presentado hoxe “vulnera a autonomía das universidades” dentro da liña da Lei Wert de educación, en contra da doutrina constitucional, que blinda a autonomía financeira, de organización e normativa e a liberdade de cátedra e investigación. Acusou á Xunta de elevar a rango de Lei a vulneración da autonomía financeira e organizativa das universidades.

Criticou neste sentido a obriga de que as actuacións financeiras e normativas das universidades galegas conten coa autorización previa da Xunta, mentres crea un corpo de inspección propio da Xunta co que atenta contra a liberdade de cátedra e investigación das universidades.

Lamentou a falla de ambición do texto, que polo contrario “impón unha regulamentación excesiva” no tocante ás obrigas da universidade pero nula en canto ás obrigas da Xunta, mentres evita potenciar a estrutura de investigación das universidades.

Engadiu que o goberno galego obvia que estas entidades son “básicas no desenvolvemento, transmisión e socialización do coñecemento”, así como no cambio do sistema produtivo para acadar unha sociedade “mais competitiva e xusta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar