A Lei de Acompañamento, "totum revolutum" para modificar 20 leis diferentes

A Lei de Acompañamento, "totum revolutum" para modificar 20 leis diferentes

A Lei de Acompañamento, “totum revolutum” para modificar 20 leis diferentes

Juan Carlos González SantínO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, acusou hoxe ao PP de utilizar a Lei de Acompañamento aos Orzamentos da Xunta de 2016 para “modificar un totum revolutum de ata 20 leis diferentes evitando a transparencia e a discusión parlamentaria. O PP aprobou en solitario esta norma co voto en contra dos socialistas galegos.

González Santín sinalou que esta fórmula legal vai en contra da doutrina constitucional, que “non discute a legalidade, senón a forma” de utilizar unha Lei – escoba para introducir modificacións lexislativas que non poden incluírse nos Orzamentos e moitas outras que non teñen nada que ver co debate.

Así, a través desta norma o PP quere modificar por exemplo a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual para blindar a continuidade do seu director xeral e sortear así o acordo parlamentario que incluía a dita norma. Así, a Lei agrupa modificacións “inconexas” como a situación dos empregados públicos, o transporte público dos concellos, a vivenda ou mesmo a creación da historia social única electrónica.

En total, en torno a vinte textos lexislativos diferentes, modificando sen empacho mesmo 15 normas aprobadas polo goberno de Feijóo dende 2009, 10 delas nesta mesma lexislatura e mesmo dúas aprobadas neste mesmo ano 2015.

Progresividade fiscal

González Santín lamentou o veto do PP ás emendas socialistas para aumentar a progresividade fiscal de forma que paguen máis os que máis teñan, aumentando o imposto do Patrimonio e establecendo novos tipos do 23,5 por cento para o tramo entre 60 e 90.000 euros, do 24,5 para as rendas de enter 90 e 120.000 e do 25,5 para os que declaren máis de 120.000 euros.

Subliñou que a través destas emendas “buscamos uns impostos máis xustos e redistributivos” incrementando a súa progresividade para facer fronte a unha “sociedade máis desigual que hai uns anos”.

Sinalou que a manida reforma fiscal presentada por Feijóo para aumentar a progresividade “só chega ás rendas medias e baixas”, xa que a partir dos 60.000 euros de declaración impoñen un tipo único de 22,5 por cento. Os socialistas propoñen incluír dous novos tramos nos 90.000 e 120.000 euros de ingresos para aumentar a contribución das rendas máis altas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar