"A Lei de Taxas Xudiciais non só é anticonstitucional; é o colmo da inxustiza, por iso o PSOE presentou o recurso"

"A Lei de Taxas Xudiciais non só é anticonstitucional; é o colmo da inxustiza, por iso o PSOE presentou o recurso"

"A Lei de Taxas Xudiciais non só é anticonstitucional; é o colmo da inxustiza, por iso o PSOE presentou o recurso"

A deputada ourensana destaca "a actitude responsable e belixerante do Colexio de Avogados de Ourense contra as taxas xudiciais"

A Secretaria de coordinación institucional e participación do PSdeG e deputada ourensana Laura Seara mostra a súa satisfacción polo recurso de inconstitucionalidade que presentou o Grupo Socialista esta mañá contra a lei de taxas xudiciais aprobada polo PP.

Seara recorda que o psdeg-psoe de Ourense se mobilizou amplamente nos últimos meses contra as taxas xudiciais e reuniuse en diversas ocasións co Colexio de Avogados de Ourense para abordar as negativas consecuencias que a aplicación da Lei de Taxas xudiciais ten sobre os cidadáns.

Por iso, a deputada ourensana destaca "a actitude responsable e belixerante do Colexio de Avogados de Ourense contra as taxas xudiciais". Así, sinala a presentación por parte do Colexio, ante a Audiencia Nacional, da suspensión preventiva da Orde Ministerial de aplicación das taxas xudiciais; así como tamén o recurso de reposición que o Colexio de Avogados de Ourense presentou para alegar contra os argumentos recollidos no auto e que seguían basicamente a tese da avogacía do Estado.

Ao longo destas reunións, a voceira do grupo parlamentario socialista, Soraya Rodríguez; o secretario de Relacións Institucionais e Política Autonómica do PSOE, Antonio Hernando; o exMinistro de Interior e Relator da Lei, Antonio Camacho; e a propia Seara anunciaran ao Colexio de Avogados a intención do grupo socialista de presentar o recurso de inconstitucionalidade contra as taxas xudiciais.

Do mesmo modo, indica Seara que o grupo socialista presentou multitude de iniciativas parlamentarias no Congreso contra as taxas xudiciais, así como mocións nos concellos da provincia de Ourense e de Galicia.

Seara sinala que "esta é unha Lei absolutamente discriminatoria e inxusta coa que o PP atenta unha vez máis contra os cidadáns con maiores dificultades económicas e sociais".

"O acceso á xustiza é un dereito fundamental de todos os cidadáns" -indica. "Non obstante, o Goberno do PP vulnera coa Lei de Taxas este dereito fundamental á tutela xudicial efectiva recollido na nosa Constitución".

Do mesmo modo, indica Seara que "tamén se vulneran outros artigos da nosa Carta Magna como o da gratuidade da xustiza e o dereito á igualdade, así como o constitucional principio de capacidade económica no establecemento de tributos".

"Con esta Lei -apunta- o PP establece unha discriminación inxustificada entre os cidadáns que teñen recursos económicos para facer fronte ás elevadas taxas xudiciais e os que non". "Ademais -considera- o PP marxina e castiga a colectivos aos que non obstante debese conceder unha especial protección".

"Unha nova receita do PP que adelgaza aínda máis á maioría dos cidadáns" -sostén.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar