A Lei de Participación Cidadá é unha "norma de postureo perfectamente inútil"

A Lei de Participación Cidadá é unha "norma de postureo perfectamente inútil"

A Lei de Participación Cidadá é unha "norma de postureo perfectamente inútil"

PlenoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a proposición de Lei de Participación Cidadá e de Iniciativa Lexislativa Popular –ILP- presentada polo PP supón unha “norma de postureo perfectamente inútil”. Os socialistas votaron en contra desta norma que “non mellora en absoluto a participación da cidadanía” no debate parlamentario.

Méndez Romeu criticou o veto do PP ás propostas socialistas para permitir a presenza da cidadanía na Comisión de Peticións ou garantir a presenza dos promotores das ILP nos trámites parlamentarios. Esta última proposta, que non altera o debate nin a correlación de forzas, garantiría a presenza dos promotores nos casos como o da ILP de servizos clínicos de Lugo, adulterada pola maioría do PP ata o punto de cambiarlle “ata o nome”.

Advertiu da “falla de motivación absoluta” para esta norma que ven modificar a Lei vixente modificada hai apenas 10 meses, e acusou ao PP e ao goberno galego de crear “eufemismos e imaxes” para dar a aparencia de abrir o Parlamento á cidadanía.

O responsable lembrou que as iniciativas lexislativas populares teñen “cativa eficacia”, xa que en Galicia apenas foron aprobadas 6 das 37 presentadas en toda a historia da democracia, apenas o 18 por cento. Lembrou que “en xeral todas elas foron apoiadas pola oposición e normalmente desprezadas polo goberno”.

2.500 sinaturas

Méndez Romeu criticou que o PP teña proposto esixirlle á cidadanía 2.500 sinaturas para promulgar unha proposición non de Lei que quedará “no limbo do Rexistro parlamentario” ata que un grupo decida asumila e presentala. Lembrou que “os socialistas non pedimos nin unha soa sinatura” para que a cidadanía visite ao grupo e acorde a presentación dunha iniciativa parlamentaria coas súas propostas.

Explicou que “en lugar de ver cómo se perden 2.500 sinaturas no medio da burocracia parlamentaria, é mais sinxelo visitar aos cinco grupos parlamentarios ou acadar un acordo con un só deles” para que leve adiante as súas demandas.

O portavoz socialista acusou ao PP de ir no sentido contrario á evolución dos Parlamentos cara unha maior apertura á sociedade, que esixe “inmediatez, cara a cara e facer partícipe á cidadanía ata onde sexa posible”. Reiterou neste sentido a proposta de revitalizar a Comisión de Peticións abrindo a porta á cidadanía e garantir a participación dos cidadáns en tódolos trámites.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar