A Lei de Montes constitúe “unha lei trampa que desvaloriza o monte e pon a mecha para achegar o lume ás casas”

A Lei de Montes constitúe “unha lei trampa que desvaloriza o monte e pon a mecha para achegar o lume ás casas”

A Lei de Montes constitúe “unha lei trampa que desvaloriza o monte e pon a mecha para achegar o lume ás casas”

http://oemsoftwaredownload.org/

p>Sonia Verdes acusa á Xunta de asestar “o machadazo final ás políticas de desenvolvemento rural”

Os socialistas presentan 294 emendas, das que só foron aceptadas 16, transaccionadas 12 e transaccionadas parcialmente outras 3

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, dixo que a Lei de Montes constitúe “unha Lei trampa” coa que “pretenden facer unha lei forestalista e de desevalorización do monte”. Así o dixo no debate desta norma en Comisión, na que os socialistas presentaron 294 emendas, e das que foron aceptadas 16, transaccionadas 12 e transaccionadas parcialmente outras 3.

A responsable socialista criticou que o PP “non aporta nada novo nin obriga ao goberno a ningún novo compromiso” e mesmo provocou a “autoemenda primeiro e retroemenda despois” por parte do PP. Aludiu así a que os “populares” intentaron cambiar a súa propia norma con 38 emendas das que, diante das reservas amosadas polos servizos xurídicos, tiveron que retirar 11.

Cualificou a situación de “rocambolesca” para tentar de alterar a norma “porque algo agochaban e algo oscuro pretendían” ao cambiar entre outras cousas os “contratos” por “acordos”, en alusión aos convenios asinados pola administración cos propietarios. Puntualizou que “non foron quén de aportar transparencia, aínda co reparo dos servizos xurídicos do Parlamento e diante da inseguridade xurídica que provocaba”.

Verdes acusou ao PP de ter aprobado unha norma “que pon a mecha para achegar o lume ás casas” recortando a zona de protección de 100 a 50 metros das residencias “sen ningún criterio técnico nin compromiso pra garantir o planeamento preventivo fronte aos lumes”. Engadiu que permiten que as empresas forestais “poidan plantar a 10 metros especies pirófitas como pinos e eucaliptos”.

Advertiu que grazas ao PP as papeleiras poderán plantar mais de 50 ha de eucaliptos a menos de 30 metros das vivendas en plenas Fragas do Eume, no contorno dos núcleos do Coto ou en Teixido “onde os veciños se tiveron que enfrontar solos ás lapas”.

A portavoz de Agricultura dixo que esta Lei supón a “pedra de toque” dunha nefasta xestión do rural galego por parte da Xunta, que en 3 anos levou ao peche a mais de 2.500 explotacións nunha zona na que as explotacións teñen un tamaño medio de 7,6 hectáreas, 3 veces menos que a media do Estado, e a superficie agraria útil supón o 34 por cento fronte ao 62 por cento do resto de España.

Advertiu que no último ano se perdeu un 0,22 por cento de superficie agraria, sendo a única Comunidade Autónoma, xunto con La Rioja, na que as exploracións non incorporaron terras, mentres no resto do Estado incorporaron 1 millón de hectáreas. Ademais, lembrou que os prezos do leite están á cola de Europa e os gandeiros galegos cobran 3 céntimos menos que en Asturias ou Castela – León.

Apuntou que os ingresos das explotacións caeron nun 84 por cento nos últimos anos, polo que apuntou que “a solución para a saída da crise non é o peche de exploracións nin a forestación indiscriminada das terras agrarias como alternativa para loitar contra o abandono”, tal e como sinalan na exposición de motivos desta norma.

Propostas

Os socialistas galegos presentaron un total de 294 emendas para que esta Lei “permita resolver as grandes eivas do monte galego”, contribuíndo a reverter o abandono e o despoboamento do medio rural e loitar contra a desagrarización. Reclamou unha norma “que permita aportar solucións para resolver os conflitos no medio rural” e que “contribúa á prevención e a loita contra os incendios garantindo a seguridade dos veciños”.

Apostou por unha Lei “que permita valorizar o monte e o rural” como elementos xeradores de riqueza “integrando as políticas para o monte nunha estratexia integral de desenvolvemento rural, entendéndoo como patrimonio esencial e estratéxico para o desenvolvemento sostible do país e para a saída da crise, apostando por un rural vivo e dinámico, económicamente mais activo”.

Verdes propuxo que a norma defina unha Estratexia Forestal Galega con “obxectivos, directrices e liñas de acción que a longo prazo guíen a xestión sustentable do monte e o aproveitamento multifuncional que permita mellorar a rendibilidade”. Reclamou que determine o Plan Forestal de Galicia, o seu contido e a súa revisión, comprometendo os recursos financeiros necesarios para o cumprimento de obxectivos”.

Lamentou que o PP dinamitara as propostas de acordo para “comprometer as dotacións económicas que permitan unha política responsable que contribúa á posta en valor do monte” e “resolver os problemas de minifundio do monte galego”, dinamizando os montes veciñais en man común e garantindo a defensa e a protección do territorio.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar