A Lei de Investigación da Xunta aposta por unha carreira precaria para os investigadores galegos

A Lei de Investigación da Xunta aposta por unha carreira precaria para os investigadores galegos

A Lei de Investigación da Xunta aposta por unha carreira precaria para os investigadores galegos

O portavoz de Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que o proxecto de Lei de Investigación e Innovación da Xunta “aposta por unha carreira precaria para os investigadores galegos”. Así o dixo no debate en Comisión deste texto lexislativo, que foi aprobado co voto en contra do PSdeG-PSOE.

O responsable socialista sinala que esta iniciativa confirma a renuncia da Xunta a desenvolver liñas estratéxicas para captar e manter aos mellores investigadores en Galicia. Ademais, dixo, renuncia a incrementar a excelencia dos proxectos de investigación e a captar de investimento privado para o desenvolvemento destes proxectos.

Dixo que, pola contra, a Xunta “segue apostando pola carreira precaria dos investigadores, que non obteñen recoñecemento algún, mentres as universidades néganse á contratación estable de investigadores baixo o argumento de que carecen de financiamento mais que para captar profesorado”.

Resumiu que a lei elude o establecemento de plans financeiros, liñas de retención de talento ou a creación dun marco laboral específico para os investigadores. En definitiva, dixo, constitúe unha “oportunidade perdida” polo goberno galego que “non engade valor, non resolve os problemas pendentes da investigación galega, non aborda unha estratexia ambiciosa para o futuro”.

Sinala que o único que acada o goberno galego é “aumentar a súa estatística de produción lexislativa” a través dun texto “inocuo e irrelevante” que “o único que fai é fixar cómo debe ser o Plan Galego de I+D” para o que “non é preciso en absoluto unha Lei específica”.

Méndez Romeu advertiu que a Lei aproveita para “crear ou regulamentar 6 entes ou organismos do goberno galego que xa existían ou están en funcionamento” mentres elude “calquera innovación organizativa ou estratéxica que xustifique que hoxe esteamos debatendo un proxecto de Lei”.

Unha Lei que nace lastrada, dixo, polas eivas e carencias derivadas de que non fora sometida á consulta do Consello Económico e Social, do Consello de Universidades, o Consello Asesor de I+D nin aos organismos públicos de investigación.

Recorte

O parlamentario socialista subliñou que esta Lei está a ser tramitada “cando en Galicia temos acumulados unha caída do gasto en 90 millóns de euros en 4 anos consecutivos de caída no gasto en I+D”, cunha “minoración sistemática” dos fondos de investigación “orzamento tras orzamento”.

Sinalou que esta política coincide coa desenvolta polo PP no goberno central, que nun só orzamento ten eliminado 2.600 millóns de euros en toda España, minorando un 30 por cento as bolsas Ramón e Cajal, un 20 por cento os programas de investigación básica e liquidando totalmente programas como o Xenoma.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar