A Lei de infraestruturas das telecomunicacións da Xunta é imprudente, incompleta e intervencionista

A Lei de infraestruturas das telecomunicacións da Xunta é imprudente, incompleta e intervencionista

A Lei de infraestruturas das telecomunicacións da Xunta é imprudente, incompleta e intervencionista

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que a Lei de Infraestruturas da Comunicación da Xunta resulta imprudente, incompleta e intervencionista. Así o dixo no debate en Pleno desta Lei, aprobada hoxe co voto en contra do PSdeG por estar “feita para xustificar unha nova axencia da Xunta –Antega- afastada da realidade das telecomunicacións”.

O responsable socialista advertiu que a norma “representa un grave atentado á prudencia lexislativa” xa que será aprobada antes do proxecto de Lei de Telecomunicacións estatal, o que “vai modificar o marco xurídico” e provocará a revisión da Lei aprobada hoxe. Advertiu que ningunha das comunidades autónomas mais avanzadas en materia de telecomunicacións inclúe unha norma semellante para o despregamento das redes.

Méndez Romeu advertiu que non existe razón de urxencia para aprobar agora esta norma, logo de catro anos nos que a Xunta non a considerou necesaria, mais alá de que está “redactada para xustificar unha nova axencia da Xunta –Antega- que depende do presidente da Xunta”. Dixo que este organismo “bate records de opacidade nja contratación e de discriminación das empresas galegas”.

Criticou o traballo deste ente polas dificultades manifestas de comunicación coas consellerías sectoriais no proceso de definición de concursos. Alertou ademais que “non está atenta ás tendencias de evolución das telecomunicacións, nomeadamente á implantación da nube, nin á evolución do negocio, mentres ignora as tendencias empresariais e as necesidades dos usuarios”.

O parlamentario socialista dixo que a norma nace eivada polas graves omisións coas que foi elaborada no Goberno galego, ao eludir definir os servizos mínimos para os cidadáns, a obriga de non discriminación, ou o desenvolvemento de redes empresariais. Ademais esquece medidas de impulso das industrias as telecomunicacións, obvia os parámetros para as redes ultrarrápidas e non prevé incluír os contidos da axenda dixital estatal.

Ademais, vai en contra dos principios da UE que reducen ao mínimo a intervención dos poderes públicos para favorecer o despregamento das capacidades das industrias das telecomunicacións. O goberno galego, dixo, aproba unha norma “altamente intervencionista” que burocratiza os proxectos provocando a “paralización absoluta de calquera actuación” en materia de infraestruturas deas telecomunicacións.

Afastada da realidade

En definitiva, explicou que a Lei aprobada hoxe polo PP está “afastada da realidade” do tecido económico e das necesidades dos cidadáns” mentres esquece estender a banda larga ultrarrápida ás pequenas e medianas empresas, aos polígonos industriais ou a lugares turísticos.

Dixo que o Goberno galego aproba unha norma “sen estar claro ao servizo de qué” mentres as empresas do sector das telecomunicacións “necesitan do apoio das axudas” institucionais e da modificación dos criterios de contratación pública. Subliñou que estas empresas “non necesitan dunha Lei que nin sequera se ocupa da capacidade tecnolóxica das empresas galegas, de abrir mercado nin de crear emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar