A Lei de Financiamento, tramposa e dirixida a aumentar o financiamento opaco do PP

A Lei de Financiamento, tramposa e dirixida a aumentar o financiamento opaco do PP

A Lei de Financiamento, tramposa e dirixida a aumentar o financiamento opaco do PP

Méndez Romeu PlenoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe de “tramposa” a Lei de Financiamento de formacións políticas e de fundacións e asociacións vinculadas. No debate que deu entrada ao texto no Parlamento, o responsable socialista acusou ao PP de “abusar de hexemonía” para controlar o financiamento dos grupos parlamentarios e estrangular á oposición.

O responsable socialista instou ao presidente da Xunta a responder ao resultado das eleccións municipais, que deron un rexeitamento masivo ás políticas do PP contra o desemprego, a desigualdade e a loita contra a corrupción. Dixo que “hoxe debera ser o inicio da rectificación desas políticas”, pero “non parece que estean enviando unha mensaxe forte de compromiso contra a corrupción”.

Méndez Romeu criticou que mentres en marzo aprobaban unha reforma da Lei de Financiamento dos partidos para reducir o gasto electoral e os gastos de funcionamento das organizacións políticas, agora presentan unha Lei de Financiamento destinada a “deixar nas mans exclusivas do Goberno o financiamento dos grupos parlamentarios e o seu control”, ao albur do “noso indisimulado” de Feijóo pola Cámara autonómica.

A primeira consecuencia práctica é que co novo modelo de reparto de financiamento dos grupos parlamentarios o PP aumentará os seus orzamentos nun 18 por cento “en detrimento da oposición”. Esta “confusión nada inocente” permite aumentar o financiamento do PP con cargo ás arcas públicas mantendo o “funcionamento opaco” dos partidos políticos.

Criticou que o partido de Feijóo dea este paso logo de ter “fuxido de calquera compromiso ou acordo de amplo espectro” para loitar contra a corrupción, no que se amosaron “non dispostos a aceptar suxerencias, pactar compromisos e emendar condutas”. Afeoulle que teña rexeitado calquera actuación firme en contra das causas da corrupción, tomando medidas que “só serven para autoenganarse”.

Abuso de hexemonía

O portavoz socialista criticou o “abuso da hexemonía” por parte do PP, que remita este texto “pretendendo endosarlle a autoría ao Consello Consultivo” cando a realidade é que “tan só foi elaborado por dous dos seus membros sen ser debatido no Pleno do ente e debatido en Comisión por 3 persoas”.

Unha delas, o expresidente socialista Emilio Pérez Touriño, emitiu un voto particular en contra da Lei por incumprir os criterios de seguridade xurídica, discriminar ás organizacións políticas minoritarias e alterar a Lei Orgánica de Financiamento dos Partidos.

Esta actuación dos membros do PP no Consello Consultivo “racha co espírito de consenso co que foi aprobada a modificación dese órgano e cuestiona a honestidade coa que vostedes poden propoñer calquera acordo a esta Cámara”.

O texto é o resultado da estratexia de Feijóo de facer do Consello Consultivo un “dócil organismo ao servizo do presidente da Xunta”, un órgano “colonizado” polo PP, ao igual que o Consello de Contas, presidido por un ex secretario xeral deste partido, Xesús Palmou. Preguntoulle ao conselleiro de Vicepresidencia, que presentou hoxe o texto, “cómo vai ser que un ex secretario do PP controle o desmáns do propio PP?”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar