A Lei de Familia boicotea as políticas sociais e consolida as políticas da extrema dereita do PP

A Lei de Familia boicotea as políticas sociais e consolida as políticas da extrema dereita do PP

A Lei de Familia boicotea as políticas sociais e consolida as políticas da extrema dereita do PP

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu no Pleno da Cámara para amosar a postura contraria do PSdeG sobre o proxecto de Lei de apoio á familia e a convivencia de Galicia. Alí asegurou que este texto é regresivo para as mulleres da nosa Comunidade. Dixo que é este proxecto boicotea as políticas sociais dos concellos de Galicia e consolida as políticas retrogradas impulsadas pola extrema dereita do Partido Popular.

Sestayo cualificou a normativa de perigosa para as políticas públicas sociais de Galicia, para as políticas de igualdade, para o Dereito Civil de Galicia e que estamos ante un texto que fai retroceder a nosa sociedade dous séculos.

A deputada socialista afirmou que este proxecto de Lei so contenta ao electorado máis radical da dereita española e galega. E insistiu nas súas criticas “estamos ante un texto frívolo, opaco, retrógrado, baleiro de contidos prácticos e de medidas constructivas, e pragado de discursos rancios propios da dereita máis retrógrada”, resumiu.

E replicou que “non conten medidas concretas para a suposta defensa daquelas familias, como as numerosas, que se supoñen erradamente beneficiadas por esta lei de ampla parafernalia mediática e de nulo contido legal ao non conter ningunha medida de eficacia práctica”, espetou.

A portavoz de Políticas Sociais aseverou que é unha lei que xira en torno a un nulo potenciamento dos servizos públicos, boicoteados polo Goberno do Partido Popular, transformándoos no fomento da maternidade “case obrigada” sen fomentar as medidas que a Administración pública debe favorecer creando as condicións para que, quen libremente queira asumir o proceso responsable de ser nai o pai, poida facelo, sendo conscientes, en todo caso, de que estamos sempre ante unha opción libre dentro das normas marcadas pola normativa vixente á que este texto en proxecto pretende burlar.

Sestayo denunciou que Feijoo pretende a práctica dun fraude de lei a través dunha lexislación que vulnera, sen posibilidade nin competencia para derrogalas, outros textos lexitimamente aprobados como a Lei de igualdade, a Lei de interrupción voluntaria do embarazo ou a Lei de prevención da dependencia e atención ás persoas dependentes.

Retroceso para os dereitos das mulleres

A deputada socialista proclamou que a Lei de convivencia supón un claro retroceso de dereitos para as mulleres e para diferentes modelos de familias hoxe xa recoñecidos legal e socialmente, senón tamén unha vulneración da protección dos dereitos das e dos menores. Dixo que a Xunta pon en perigo a mesma protección do menor a través dunha lexislación que incorre en contradiccións co Dereito de Familia, co propio Dereito civil de familia, creando unha situación de inseguridade xurídica.

Informe do Consello Económico Social de Galicia

A maiores tamén lembrou os graves argumentos manifestados polo Consello Económico e Social de Galicia en contra desta lei.

E concluíu “estamos ante un texto dramático para unha sociedade do século XXI, ante un texto que mesmo retrocede ante o artigo 39 respecto á protección das familias proclamado na Constitución española, e solicitamos, por todo o exposto, a súa devolución ao ser incompatible co benestar da sociedade e das familias galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar