A Lei de estrutura agraria da Xunta "só provoca frustración e decepción"

A Lei de estrutura agraria da Xunta "só provoca frustración e decepción"

A Lei de estrutura agraria da Xunta "só provoca frustración e decepción"

157vacaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao goberno galego de provocar “frustración e decepción” coa Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia. O texto foi debatido hoxe en Comisión parlamentaria e será votado definitivamente no próximo Pleno do Parlamento.

O responsable socialista acusou a Feijóo de levar “oito anos sen facer nada” para resolver o nudo gordiano na concentración parcelaria de Galicia, para o que o novo texto apenas supón un parche inútil “para que poidan aparentar que fixeron algo”. Advertiu que o problema da propiedade das terras agrarias deriva dunha “planificación que non se fixo” e no que o novo texto apenas incide.

García lembrou que hoxe “toda Galicia está en proceso de concentración parcelaria” sen contar cos recursos mínimos imprescindibles, e explicou que hai 1,6 millóns de titulares de fincas no medio rural, o que supón 1,5 hectáreas por propietario, e onde cada propietario supera as 7 parcelas de media. Isto fai a actuación sobre a propiedade “unha encomenda case imposible”.

Recomendoulle ao PP que siga co exemplo da Deputación de Lugo, onde baixo a xestión socialista con apenas 300.000 euros foron mobilizadas 800 hectáreas que “foron postas a disposición dos gandeiros e hoxe están producindo”. Reclamoulle copiar esta xestión e o modelo de autonomías como Asturias, Cantabria ou País Vasco, onde, partindo dunha situación semellante, conseguiron incrementar a superficie agraria útil.

Pablo García reclamou a modificación definitiva da Lei de Concentración Parcelaria, en lugar de presentar un “texto encorsetado e limitado” que deixa de novo sen resolver o problema da atomización da propiedade rural galega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar