A Lei de Educación de Wert provoca segregación social

A Lei de Educación de Wert provoca segregación social

A Lei de Educación de Wert provoca segregación social

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que o Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa do PP incide na segregación social en función da capacidade económica. Logo dun encontro cos representantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público, dixo que a texto do PP busca reducir a cualificación para “baixar salarios e incrementar beneficios”.

Losada anunciou que os socialistas cooperarán coa Plataforma para emendar o texto que está a ser elaborado polo PP e oporse á estratexia desenvolta por este partido “en Madrid e Santiago” para “cambiar o sentido da educación pública e de calidade”. Losada defendeu a educación como “ferramenta para a mellora da igualdade de oportunidades e o ascenso social imprescindible para quen conta co ensino como única posibilidade”.

O responsable socialista esixiulle hoxe a Feijóo e ao responsable de educación do seu goberno que expliquen aos galegos e galegas “a posición do goberno galego” diante deste proxecto de Lei elaborado polo Executivo central.

Advertiu do “compoñente ideolóxico” que teñen tanto a lei como os recortes do PP co obxecto de segregar á sociedade e “favorecer os intereses do tecido produtivo baixando salarios e incrementando beneficios”.

Denunciou que tanto este texto como os recortes dos gobernos do PP están a “limitar e virar a sociedade cara unha maior dualidade e diferenciación social, e polo tanto provocarlle mais problemas para quen ten problemas e ofrecer maiores facilidades par quen non”.

Liña vermella

Explicou que a “liña vermella” dos socialistas galegos é a defensa da educación “universal, pública e gratuíta” que sirva como “ferramenta de igualdade social e crecemento económico”. Defendeu o papel da educación como “ferramenta fundamental para a mellora da competitividade económica” tanto dende os primeiros graos do ensino como a través do investimento en I+D+i.

Sinalou que “todo o que sexan limitacións e problemas suporá a perda de posición social” e criticou que os recortes na Formación Pública aplicados polos gobernos de Feijóo e Rajoy suporán “traballadores peor pagados, salarios á baixa, menor cualificación e menor competitividade internacional”. Dixo que a estratexia pasa por “deixar de mirar para o norte da Unión Europea e mirar para os países en desenvolvemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar