A Lei de economía social non solucionará a precariedade do mercado laboral

A Lei de economía social non solucionará a precariedade do mercado laboral

A Lei de economía social non solucionará a precariedade do mercado laboral

Os socialistas galegos presentaron hoxe no pleno do Parlamento una emenda á totalidade á Lei de Economía Social impulsada polo Partido Popular, “xa que non solucionará o problema económico e de emprego que temos en Galicia”.

A portavoz de Emprego do PSdeG, María Quintas, manifestou no debate de totalidade do proxecto de Lei que “o texto debería ser unha oportunidade, pero non servirá para nada, son un conxunto de follas sen medidas concretas e sen acompañamento financeiro”.

“O conselleiro fala de emprendemento cando a nosa realidade é o paro e a emigración xuvenil, e asegura que a nova lei potenciará o I+D+i, cando estamos cos mesmos niveis de Ucrania e Turquia”, afirmou a deputada socialista.

“Temos un paupérrimo mercado laboral no que hai precariedade e pobreza, o que Galicia necesita son medidas eficaces para o tecido produtivo o non o que fai este goberno, só hai que ver a evolución das cooperativas”, dixo na súa intervención Quintas.

A socialista lembrou que “o desemprego medrou no mes de xaneiro en 7.639 persoas, os contratos caen e son temporais, e seguimos moi lonxe da igualdade salarial entre homes e mulleres; a realidade e así e a lei que hoxe presentan non aporta medidas para un cambio de modelo”.

“O proxecto de lei ten moitas eivas, as empresas de economía social deberían ter un mellor tratamento fiscal e moitas das propostas non teñen informes sectoriais das consellerías competentes”, rematou.

“Debería ser unha oportunidade, pero non servirá para nada, presentan unhas follas sen medidas concretas e sen acompañamento financeiro”, asegura María Quintas

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar